alt=Monte Everest|miniatura|Monte Everest O mal de altura, tamén chamado mal agudo de montaña, prodúcese pola falta de adaptación do organismo cando unha persoa ascende a grandes altitudes.

Causas A causa principal é a diminución da presión atmosférica coa altitude, que provoca que con cada respiración proporcionemos menos osíxeno ao organismo a pesar de que a porcentaxe deste é practicamente a mesma (arredor do 21%).

A medida que ascendemos por unha montaña a presión atmosférica diminúe, entra menos osíxeno aos pulmóns o que implica que pasa menos osíxeno ao sangue. Como resultado os tecidos e órganos reciben menos osíxeno do que necesitan.

Isto provoca unha reacción do organismo para compensar esta falta de osíxeno:

Aumenta a frecuencia respiratoria: o corpo intenta compensar a falta de osíxeno respirando máis rápido e profundo. Aumenta a frecuencia cardiaca: o corazón late máis rápido tentando levar o sangue aos tecidos e órganos. Adaptación progresiva: pasados varios días, o organismo aumenta a produción de eritropoetina, unha substancia que aumenta a produción de glóbulos vermellos.

Síntomas Os síntomas máis frecuentes son:

Dor de cabeza Mareos e confusión Fatiga e debilidade muscular Nauseas, vómito e perda do apetito Imsonio e dificultade para conciliar o sono Dificultade respiratoria

Este síntomas aparecen principalmente ao superar os 2.500 metros de altitude.

Complicacións graves En casos graves a hipoxia pode provocar:

Edema cerebral: acumulación de líquido no cerebro, que provoca alteracións na coordinación, confusión e ate perdas de conciencia. Edema pulmonar: acumulación de líquido nos pulmóns, causando dificultade respiratoria.

Medidas preventivas

Ascender gradualmente permitindo que o organismo se aclimate Parar o ascenso se aparecen síntomas Evitar o exercicio intenso

Notas

Categoría:Doenzas Categoría:Esquí