Emmanuel "Manu" Apeh, nado en Kaduna o 25 de outubro de 1996, é un futbolista nixeriano que xoga na posición de dianteiro. Na tempada 2026/27 forma parte do Maccabi Herzliya F.C. da Liga Leumit.

Traxectoria en clubs Alcalá Apeh formouse no SamVic Academy e en agosto de 2014 realizou as probas para ingresar no Inter de Milán. Finalmente fichou en 2015 polo RSD Alcalá e foi asignado inicialmente ao Alcalá B nas divisións rexionais madrileñas, equipo co que realizou o seu debut sénior.

O 24 de marzo de 2016 estreouse co primeiro equipo nunha derrota por 1-5 perante o CD San Fernando de Henares da Terceira División. Tres días despois anotou o seu primeiro gol sénior nunha vitoria por 2-0 contra o AD Parla. En xullo de 2016 foi promovido definitivamente ao primeiro equipo do Alcalá.

Lorca No verán de 2016 foi fichado polo Lorca Fútbol Club, sendo asignado inicialmente ao Lorca FC B da Terceira División. O debut de Apeh co primeiro equipo na Segunda División B tivo lugar o 17 de setembro de 2016, cando foi substituto de Manuel Onwu nunha vitoria por 1-0 perante o Granada CF B.

En abril de 2017, nos días previos a un partido contra o Linares Deportivo, Apeh decidiu non informar o club sobre o falecemento do seu pai e viaxou igualmente co resto do equipo. En agosto de 2017, após o ascenso do Lorca na tempada 2016/17, Apeh foi promovido definitivamente ao cadro principal polo novo adestrador Curro Torres.

Apeh alcanzou a súa estrea profesional o 18 de agosto de 2017, nunha vitoria por 2-0 contra a Cultural y Deportiva Leonesa. Nese encontro foi substituto de Manel Martínez e realizou a asistencia do gol de Carlos Martínez. O 21 de outubro de 2017 anotou o seu primeiro gol profesional nun empate 2-2 perante o CD Tenerife.

Celta de Vigo O 11 de xullo de 2018 pasou a formar parte do Celta B da Segunda División B. O 26 de xaneiro de 2019, por mor das baixas de Iago Aspas e Emre Mor, Apeh foi convocado polo primeiro equipo. O seu debut na Primeira División co Celta de Vigo tivo lugar o día seguinte, cando foi substituto de Jozabed nunha derrota por 1-2 perante o Real Valladolid.

Tenerife e Alcorcón O 5 de agosto de 2020 asinou un contrato de tres anos co Club Deportivo Tenerife da Segunda División. O 26 de xaneiro de 2022, tras pouco tempo de xogo na tempada 2021/22, Apeh foi cedido ao Alcorcón até xuño de 2022.

Sabah e Al Ittihad O 18 de xullo de 2022 fíxose oficial a chegada de Apeh ao Sabah Futbol Klubu da Premyer Liqasi. O 22 de setembro de 2024 foi traspasado ao Al Ittihad Alexandria Club da Liga Premier de Exipto, con contrato até xuño de 2026.

Kiryat Yam e Maccabi Herzlya Tras varios meses sen equipo, o 9 de novembro de 2025 foi fichado polo F.C. Kiryat Yam da Liga Leumit. En xullo de 2026 foi traspasado a outro equipo da mesma división, o Maccabi Herzliya F.C..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Emmanuel Apeh en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Kaduna Categoría:Futbolistas de Nixeria Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do RSD Alcalá Categoría:Xogadores do Lorca FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Sabah FC Categoría:Xogadores do Al-Ittihad