miniatura|320x320px|Sycee imperial de ouro chinés. O sycee (do cantonés 細絲; lit. "seda fina"), tamén chamado yuanbao (en chinés tradicional: 元寶; pinyin: yuánbǎo; lit. "tesouro primario"), era un tipo de moeda en lingote, de ouro e de prata, que se empregou na China imperial desde a súa fundación baixo a dinastía Qin ata a caída dos Qing no século XX, fundamentalmente para o pagamento de impostos en metálico e como garantía de depósitos no comercio a grande escala.Smith, B. "Introduction to the Sycee". En The Journal of East Asian Numismatics (jeandigital.asia).Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Yuanbao". En Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura, Madrid. Páxina 184. ISBN 978-84-8181-405-7

Os sycee non eran producidos por un banco central ou unha ceca oficial, senón por ourives ou prateiros privados e destinados ao intercambio comercial local. Xa que logo, tanto a forma como as demais características de cada exemplar son variables. As formas cadradas e ovaladas son as máis comúns, aínda que tamén se coñecen outras formas como as de barco, de flor ou mesmo de sapoconcho. O seu valor —do mesmo xeito que o doutras moedas de prata e pequenos anacos deste metal en circulación ao final da dinastía Qing— viña determinado por cambiadores experimentados, que estimaban o desconto axeitado en función da pureza da prata e avaliaban o peso en taeis e nas súas subdivisións decimais: mace, candareen e cash.

Na China actual, os sycee de ouro seguen a ser un símbolo de riqueza e prosperidade e adoitan estar presentes durante as festas do Ano Novo Chinés. Tamén é frecuente queimar imitacións en papel de sycee de cor dourada ou prateada xunto cos billetes funerarios como parte da veneración ancestral chinesa no Día da Limpeza de Tumbas e no Festival dos Fantasmas.

Denominación O nome "sycee" é unha romanización irregular da pronuncia cantonesa dos caracteres para "seda fina","sycee". Merriam-webster.com unha asociación que se explica pola capacidade de estirar ouro ou a prata puros ata os converter en fíos moi finos,"sycee, n.". En Oxford English Dictionary. 1ª ed. Oxford University Press, Oxford. ou tamén polo brillo sedoso da prata de boa calidade.Sungkyun Journal of East Asian Studies. Academy of East Asian Studies at Sungkyunkwan University, 2008. Páxina 133.

A denominación alternativa de "yuanbao" é a romanización en pinyin da pronuncia mandarina dos caracteres para "tesouros inaugurais". Durante a dinastía Tang da China, as moedas estaban gravadas con Kaiyuan tongbao (開元通寶, "Tesouro circulante do inicio dunha era"),"Bronze coin: Kaiyuan tongbao". The British Museum (britishmuseum.org). que máis tarde se abreviou a yuanbao. O nome tamén se aplicou a outras formas de moeda que non eran moedas ordinarias. Yuanbao escribíase como "mambo"Shaw, R. B. (1872-1873). "Miscellaneous notes on Eastern Turkestan". En Proceedings of the Royal Geographical Society of London. 17. Páxina 196.Bell, J. (1836). A System of Geography, Popular and Scientific: Or A Physical, Political, and Statistical Account of the World and Its Various Divisions. Vol. 6, A. Fullarton and Company. Páxina 632. e "yambu"Millward, J. (1998). Beyond the Pass: Economy, Ethnicity, and Empire in Qing Central Asia, 1759-1864. Stanford University Press. Páxina 62. ISBN 0804729336Yule, H.; Burnell, A. C. (1903). "Shoe of Gold". En Hobson-Jobson. A Glossary of Colloquial Anglo-Indian Words and Phrases... J. Murray, Londres. Páxina 830. na literatura en inglés do século XIX sobre Xinjiang e o comercio entre Xinjiang e a India Británica.

O valor dun yuanbao tamén se chamaba dìng (chinés: 鋌; pinyin: dìng; Wade-Giles: ting) ou "dìng de prata" (銀鋌; yíndìng; yin-ting).Morse, H. B. (1907). "Currency in China". En Journal of the North-China Branch of the Royal Asiatic Society. 38. The standard ingot of China weighs about 50 taels (from 49 to 54) and, formerly called ting 鋌, is now called pao 寶 (jewel, article of value, as in the inscription on the copper cash tung-pao 通寶 = "current coin") and more commonly yuan-pao 元

Historia miniatura|Exemplar dun sycee de prata. Os sycee empregáronse por primeira vez como medio de intercambio xa na dinastía Qin (século III a. C.). Durante a dinastía Han occidental (206 a. C. - 9 d. C.), as moedas de bronce wu zhu convertéronse na principal moeda en circulación, en tanto que os lingotes de ouro con forma de ferradura coñecidos como "ouro de ferradura" (en chinés: 馬蹄金) servían como moeda auxiliar para transaccións de alto valor. Durante a dinastía Tang, codificouse un sistema bimetálico estándar de moedas de prata e cobre, no que 10 moedas de prata equivalían a 1.000 moedas cash de cobre.Lockhart, J. H. S. (1975). The Lockhart Collection of Chinese Copper Coins. Quarterman Pub. Páxina xi. ISBN 978-0-88000-056-7: "the theory is that 1000 copper cash are equal to 10 silver and 1 gold".miniatura|Conxunto de moldes para a elaboración de sycees.O diñeiro de papel e os bonos comezaron a usarse na China no século IX. Con todo, ata a época da República o pagamento por peso de prata era a práctica estándar, e os comerciantes levaban as súas propias balanzas. Isto debíase aos problemas monetarios xerados por varios factores, como as enormes variacións locais na oferta monetaria e nos tipos de cambio, os cambios rápidos no valor relativo da prata e do cobre, a fraude na moeda, a inflación e a incerteza política co cambio de réximes. A maioría das chamadas "balanzas de opio" que se ven hoxe nos museos servían en realidade para a pesaxe de pagamentos en prata. O tael seguía a ser a base da moeda de prata e os sycees seguiron en uso ata a fin da dinastía Qing, cos pesos habituais de 50 taeis, 10 taeis, 5 taeis e 1 tael.

Cando as moedas de prata estranxeiras comezaron a circular na China a finais do século XVI, inicialmente considerábanse un tipo de quasi-sycee e selábanse do mesmo xeito que os sycees."Identifying Chinese Silver Coins". Scribd.com

Usos contemporáneos Hoxe en día, os lingotes de ouro de imitación úsanse como símbolo de prosperidade entre os chineses. Expóñense adoito durante o Ano Novo Chinés, representando un ano de boa sorte por vir. Ademais, seguen a producirse a modo de lingotes de ouro conmemorativos, como obxectos de colección.

Outra forma de yuanbao de imitación —feita dobrando papel de cor dourada ou prateada— pódese queimar nas tumbas dos antepasados durante o Festival dos Fantasmas, xunto con diñeiro de papel de imitación coñecido como "diñeiro de fantasmas".Adair, A. et al. "Hell Money". School of Social Sciences. UC Irvine (sites.socsci.uci.edu)McMahon, M. (2024). "What is Joss Paper?". CulturalWorld.org. 23 de maio."Making of Chinese Paper Offerings". National Heritage Board (Roots.gov.sg).

Mesmo despois de que cambiase o estándar monetario durante a época da República, as antigas denominacións do valor segundo o peso estándar equivalente en prata sobreviviu no argot cantonés no termo común para as moedas de dez e cinco céntimos; por exemplo: chat fan yi (七分二 "sete candareens, dous cash") ou saam fan luk (三分六 "tres candareens e seis cash").

Achados salientables A Axencia de Noticias Xinhua informou o 17 de novembro de 2015 de que na tumba do marqués de Haihun en Xinjian se atoparan varias moedas de ouro.Xinhua (2015). "Gold coins found in ancient tomb". En China Internet Information Center. 17 de novembro."Gold coins, hoofs found in 2,000-yr-old Chinese tomb". Chnmus.net. 18 de novembro de 2015.Xinhua (2015). "Gold coins, hoofs found in 2,000-yr-old tomb". En China.org.cn. 17 de novembro. As escavacións da tumba comezaran xa en 2011."Excavation of Haihunhou Tomb in China Completed". Newhistorian.com. 12 de outubro de 2016."Identity of Han-Dynasty marquis confirmed". Ecns.cn. 3 de marzo de 2016. Entre os obxectos de ouro desenterrados había uns 25 exemplares de diñeiro ferradura —un tipo de sycee— de ouro, con pesos variables de 40 a 250 gramos, e 50 moedas de ouro moi grandes cun peso de uns 250 gramos cada unha. As moedas de ouro estaban embaladas en tres caixas diferentes, que foron colocadas debaixo unha cama situada na cámara principal da tumba. Segundo Yang Jie, que encabezaba o equipo de escavación, é probable que os obxectos de ouro lle fosen concedidos ao marqués de Haihun polo propio emperador.

O 24 de setembro de 2015 informouse do achado de varias moedas de cash en tumbas durante os traballos de escavación levados a cabo polo Instituto de Investigación Arqueolóxica da Cidade de Jinan preto do cemiterio de Zhaojiazhuang, en Shandong. Nas tumbas acháronse moedas de cash producidas durante as dinastías Song, Tang e Qing, e os exemplos máis recentes eran da era Xianfeng. Unha tumba identificada como "Tumba M1" tamén contiña sycees de prata emitidos durante a dinastía Jin.

En marzo de 2017 descubriuse un gran número de reliquias culturais no río Min en Meishan, Sichuan. Entre as máis de 10.000 pezas variadas de ouro e prata había varios espécimes de sycees de ouro e de prata.Seidel, J. (2017). "Chinese discover legendary treasure buried in river bank". En News Corp Australia Network (news.com.au). 22 de marzo."China Focus: Legendary sunken treasure discovered in SW China". Xinhua News Agency (xinhuanet.com). 20 de marzo de 2017. Ademais, no tramo de Jiangkou do río Minjiang desenterrouse unha moeda de prata de Xiwang Shanggong (西王賞功) emitida por Zhang Xianzhong."China's top 10 archaeological finds of 2017". Xinhuanet.com. 11 de abril de 2018.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Cribb, J. (1992). A catalogue of sycee in the British Museum: Chinese currency ingots, c.1750-1933 [British Museum Catalogues of Coins]. British Museum, Londres.ISBN 978-0714108735

Outros artigos

Formas das moedas

Ligazóns extrernas

Imaxes de sycee de prata

Categoría:Moedas da China Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas da Idade Antiga Categoría:Moedas da Idade Media Categoría:Moedas da Idade Moderna