miniatura|Cargueiro de contedores contemporáneo. O transporte marítimo de mercadorías en liña regular, actualmente, é aquel no que a carga se atopa xeralmente conterizada (isto é, almacenada en contedores que facilitan a súa estiba). Esta modalidade de transporte tamén é denominada «en réxime de coñecemento de embarque» (Bill of Lading, polo seu nome en inglés) dada a transcendencia que ten ese documento na práctica.
A principal vantaxe da liña regular é ofrecer frecuencias altas do transporte, garantir a duración do servizo a longo prazo e manter tarifas estables, polo que resulta unha alternativa eficiente de transporte entre nodos comerciais e industriais relevantes. Esa estabildidade tamén se reflicte nas condicións da contratación (os «termos de liña» ou liner terms), habitualmente contidos no coñecemento de embarque e que non adoitan ser negociables polo cargador das mercadorías.
Notas
Categoría:Transporte