Obraz é un filme dramático e biográfico montenegrino de 2024 dirixido por Nikola Vukčević. O guión inspírase nunha historia da antoloxía do académico Zuvdija Hodžić, e está escrito por Ana Vujadinović e Melina Pota Koljević. A historia desenvólvese arredor da segunda guerra mundial en Iugoslavia, e segue a un neno cristián que escapa dun ataque da división albanesa das SS que destruíu a súa aldea e matou os seus pais, e a un descoñecido albanés musulmán, Nuredin Doka, con quen se refuxia.

Estreouse internacionalmente no FilmFestival Cottbus o 7 de novembro de 2024, na sección de competición de longametraxes, onde optou ao premio principal ao mellor filme. Foi escollido como candidato de Montenegro para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Edon Rizvanolli como Nuredin Doka Elez Adžović como Mehmet Alban Ukaj como Sokol Gjonaj Aleksandar Radulović como Abid Selman Jusufi como pai de Nuredin Vuk Bulajić como Petar Branimir Popović como comandante do exército Nikola Ristanovski como xuíz da vila

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Montenegro propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua montenegrina Categoría:Filmes en lingua albanesa Categoría:Filmes de Montenegro Categoría:Filmes de Serbia Categoría:Filmes de Croacia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes ambientados en Montenegro Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial