Silent City Driver (en ) é un filme mongol de 2024 escrito e dirixido por Janchivdorj Sengedorj. Conta a historia de Myagmar, de 32 anos, quen despois de cumprir 14 anos de prisión pola súa participación nun caso de asasinato, sae para afrontar o rexeitamento social e os desafíos de saúde dunha malleira na prisión, atopando consolo só no coidado de cans da rúa.

Estreouse o 21 de novembro de 2024 no Festival de Cinema Noites Negras de Talín, onde gañou o Gran Premio ao mellor filme. Foi escollido como candidato de Mongolia para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Tuvshinbayar Amartuvshin como Myagmar Narantsetseg Ganbaatar como Saruul Bat-Erdene Munkhbat

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Mongolia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua mongol Categoría:Filmes de Mongolia Categoría:Filmes ambientados en Mongolia