O neuroticismo, tamén coñecido como "inestabilidade emocional", é un dos trazos ou dimensións fundamentais da personalidade humana máis estudados e validados pola psicoloxía contemporánea. Esta dimensión define a tendencia relativamente estable e permanente dun individuo a experimentar emocións negativas, así como amosar unha menos tolerancia e unha maior vulnerabilidade ante o estrés, a frustración e as situacións de presión ambiental.

É fundamental diferenciar o uso psicométrico e científico do neuroticismo do concepto clínico e histórico de neurose. Mentres que a neurose facía referencia na psicoloxía do século XX a un trastorno mental de tipo funcional, o neuroticismo contemporáneo non constitúe ningunha patoloxía nin enfermidade en si mesmo. Trátase dun espectro ou gradiente dimensional continuo no que se sitúan todas as persoas; os individuos non se dividen de forma ríxida entre "neurotico" e "saudables", senón que puntúan nun rango que vai dende niveis moi baixos (asociados á estabilidade emocional) ata niveis moi altos.

Ao longo da historia da psicoloxía, o neuroticismo ocupou un papel central nos principais modelos estructurais da personalidade. Foi popularizado a mediados do século XX polo psicólogo alemán Hans Eysenck dentro do seu modelo PEN, e posteriormente consolidouse como un dos cinco piarez do modelo dos cinco grandes, desenvolvido por Paul Costa e Robert McCrae. Na actualidade , a investigación científica utilízao como un factor clave para predicir patróns de comportamento, a calidade das relacións interpersoais, o rendemento laboral e a vulnerabilidade biolóxica ante determinados cadros psicopatolóxicos.

Características e facetas do neuroticismo O neuroticismo maniféstase a través dunha serie de patróns cognitivos, emocionais e condutuais . As persoas con puntuacións elevadas presentan unha alta reactividade emocional, o que significa que o seu sistema de alerta responde con maior intensidade, rapidez e duración ante os estímulos negativos do contorno. Situacións que para a maioría dos individuos son menores ou doadas de xestionar poden ser percibidas polas persoas con alto neuroticismo como ameazas graves ou crisis insolubles.

No ámbito da psicometría moderna especificamente a través do cuestionario NEO-PI-R de Paul Costa e Robert McCrae, o neuroticismo descompónse en seis facetas ou subclases específicas que permiten avaliar o perfil exacto do individuo:

Ansiedade: Mide o grao en que persoa se sente tensa, asustada, preocupada ou nerviosa. Os individuos xon alta puntuación anticipan constantemenre perigos ou escenarios negativos futuros e teñen dificultades para relaxarse. Hostilidade: Refirese á tendencia a experimentar rabia, carraxe, frustración e estados de amargura. Non indica necesariamente agresividade física cara aos demais, senón unha predisposición interna a sentirse irritado ou maltratado polas circunstancias. Depresión: Avalía a propensión a experimentar afecto negativo de tipo depresivo, como sentimentos de culpa, melancolía, desamparo, soidade e desánimo. As persoas con puntuacións altas tenden a desmorolizarse con facilidade ante os fracasos. Autoconsciencia: Esta faceta refírese á timidez, á vergoña e a ansiedade social. As persoas cunha alta puntuación nestas facetas séntese incómodas en público, son moi sensibles ao ridículo, teñen medo a ser xulgadas ou rexeitadas polos demais e sofren de sentimentos de inferioridade. Impulsividade: Mide a dificultade para controlar os impulsos e os desexos urxentes. Aínda que adoita confundirse coa falta de planificación ( que pertence a conscienciosidade), no neuroticismo a impulsidade refírese á incapacidade para resistir a tentación ante estados emocionais intensos ( como comer en exceso, mercar compulsivamente ou reaccionar de forma desmedida por mor do enfado). Vulnerabilidade: Refírese á incapacidade para afrontar o estrés. Os individuos que puntúan alto nesta faceta séntense impotentes ou desbordados ante as crisis ou demandas da vida cotiá, volvendose dependentes dos demais en situacións de presión.

O polo oposto: Estabilidade emocional Os individuos que obteñen puntuacións baixas no espectro do neuroticismo posúen unha "estabilidade emocional". Caracterízanse por seren persoas calmadas, de humor estables tranquilas e capaces de enfrontarse a situacions estresantes sen alterarse de forma significativa. Non significa que experimenten unha ledicia constante, senón que o seu limiar de responder ante as emocións negativas é máis alto e recupéranse moito máis rápido de calquera impacto psicolóxico.

Bases neurobiolóxicas do neuroticismo O neuroticismo non é unicamente un construto psicolóxico ou condutual , senón que conta cunha sólida e documentada base neurobiolóxica. A investigación a través de técnicas de neuroimaxe estructural e funcional como a resonancia magnética demostrou que os niveis de inestabilidade emocional están directamente relacionados coa anatomía, o volume e a conectividade de determinadas redes neuronais.

O papel da amígdala e o sistema límbico A estrutura cerebral máis estreitamente vinculada ao neuroticismo é a "amígdala", o núcleo principal do sistema límbico encargado do procesamento emocional e da detección de ameazas. Os estudos científicos reflicten que as persoas con alto neuroticismo presentan unha hiperactividade e unha sobrereactividade da amígdala ante estímulos negativos, desagradables ou estresantes.

Isto tradúcese nun sistema de alerta biolóxico moito máis sensible, que activa as respostas de "loita ou fuxida" a través do SNA ante situacións que outros individuos considerarían inofensivas. Ademais, detectouse unha menor conectividade funcional entre a amígdala e a cortiza prefrontal ventromedial, a rexión encargada de frear, regular e racionalizar esas emocións, o que díficulta que a persoa poida autocalmarse de forma doada.

Neurotransmisores e eixe HPA A nivel neuroquímico, o neuroticiamo está regulado de forma complexa por varios sistemas de neurotransmisores e hormonas:

•"Serotonina": Existe unha forte correlación entre o funcionamento do sistema de neurotransmisor da serotonina e o control emocional unha densidade anómala ou unha menor dispoñibilidade de receptores de serotonina nas áreas límbicas asóciase directamente cos trazos de ansiedade e depresión característicos deste perfil.

•"Dopamina": Aínda que a dopamina é o neurotransmisor por excelencia da extroversión, as alteración nos seus circuítoa frontostriatais poden minguar a capacidade dun individuo para tolerar da impulsividade no neuroticismo.

•"O eixe HPA e o cortisol": As peraoas con alta inestabilidade emocional amosan unha desregulación do eixe hipotalámico-hipofisario-adrenal (eixe HPA). Ante o estrés, este sistema periférico libera cantidades máis elevadas de cortisol (a hormona do estrés) e, o que é máis grave, tarda moito máis tempi en regresar aos niveis normais de repouso, prolongando o sufrimento físico e psicolóxico do individuo.

Repercusión na saúde mental e psicopatoloxía Aínda que o neuroticiamo alto é unha característica normal dentro da diversidade de personalidade humana e non constitúe unha enfermidade en si mesmo, a psicoloxía clínica e a paiquiatría considérano o maior "factor de risco transdiagnostico" coñecido na actualidade. Isto significa que un nivel excesivamente elevado e persistente de inestibilidade emocional actúa como o caldo de cultivo idóneo para que o individuo acabe desenvolvendo diversos cadros psicopatolóxicos ao longo do seu ciclo vital.

Trastornos do estado de ánimo e ansiedade A literatura científica demostra de forma contundente que as persoas con alto neuriticismo teñen unha probabilidade drasticamenre maior de sufrir as seguintes patoloxías:

-Trastorno de ansiedade: A faceta da ansiedade e a hiperactividade da amígdala facilitan a aparición do trastorno de ansiedade xerenalizada (TAX), o trastorno de pánico (ataques de ansiedade) e diversas fobias específicas ou sociais.

-Depresión maior: A tendencia a rumiar os presentamentos negativos, xunto cos srntimentos de culpa e desamparo (faceta de depresión), duplican o risco de experimentar episodios depresivos clínicos e díficultan a recuperación tras a crise.

-Trastorno obsesivo-compulsivo (TOC): A necesidade de controlar a incerteza e mitigar a ansiedade constante a miúdo tradúcese no desenvolvemento de rituais e pensamentos intrusivos e obsesivos.

Trastornos da personalidade e a hipótese do espectro Na psicoloxía clínica moderna mantense o debate sobre a "hipótese do espectro" , a cal propón que certos trastornos da personalidade non son máis que versións extremas e desadaptativas dos cinco grandes trazos normais.

•O TLP: presenta puntuacións extremadamente altaa en todas as facetas do neuroticismo, combinadas cunha falta extrema de control dos impulsos

• O trastorno da personalidade por evitación: correlaciona de forma case absoluta cun neurotifismo moi elevado (especialmente na faceta de autoconciencia e timidez) sumado a unha extroversión moi baixa (introversión).

Impacto na saúde física e calidade de vida Máis aló da saúde mental, o neuroticismo ten consecuencias directas sobre o corpo. Debido á activación crónica do eixe HPA e á liberación prolongada de cortisol, as persoas con alta inestabilidade emocional sofren con maior frecuencia de:

-Síntomas somáticos, coma dores crónicas de cabeza, fibromialxia e colon irritable.

-Problemas cardiovasculares, causados polas fluctuacións na presión arterial derivadas do estrés constante.

-Unha menos lonxevidade estatística, motivada tanto polo desgaste fisiolóxico do estrés comompor unha maior tendencia a adoptar hábitos pouco saúdable ( insomio, tabaquismo ou alimentación emocional compulsiva) para paliar o seu malestar interno.

Perspectiva evolutiva do neuroticismo Aínda que un nivel de neuroticismo está ascociado ao sufrimento psicolóxico e a problemas de saúde, a psicoloxía evolucionista sostén que este trazo se mantivo ao longo da historia da nosa especie debido a un mecanismo de selección balanceada. Baixo esta perspectiva, as puntuacións altas e baixas representan diferentes estratexias adaptativas cun equilibrio propio de custos e beneficios.

Beneficios adaptativos (O valor da alerta) Nun contorno ancestral caracterizado por perigos físicos constantes (predadores, tribos rivais, escaseza de recursos), un nivel moderado ou alto de neuroticismo ofrecía importantes ventaxes para a supervivencia:

-Detección precoz de ameazas: O sistema de alerta hiperactivo (regulado pola amígdala) permitía aos individuos anticipar riscos antes de que se materializasen, actuando coma un "detector de fumes" biolóxico.

-Evitación de condutas de risco: O medo e a ansiedade actuaban como inhibidores da conduta, reducindo as probabilidades de sufrir accidentes graves, pelexas ou exposición a contornos letais que os individuos moi estables ou optimistas tenderían a ignorar.

-Garda social e protección do grupo: A hipervixilancia cara á exclusión social fomentaba que o individuo se asegurase de manter as súas alianzas grupais, protexendo así a súa posición dentro do clan.

Custos adaptativos Porén, cando estas estratexias se manifestan en niveis extremadamente elevados ou en contextos modernos onde as ameazas xa non son físicas senón cognitivas (estrés laboral, problemas económicos), o trazo xera custos desproporcionados:

-Desgaste fisiolóxico: A activación crónica do eixo HPA e a exposición continuada ao cortisol debilitan o sistema inmune, reducindo a esperanza de vida e o éxito reprodutivo a longo prazo.

-Illamento ou conflito social: A faceta da hostilidade ou a autoconsciencia excesiva pode danar as relacións interpersoais estables, reducindo o apoio social dispoñible.

Estabilidade e cambios normativos ao longo do ciclo vital