miniatura|Josebe Blanco miniatura|Josebe Blanco e Leire Milikua. Josebe Blanco Álvarez, nada en Salceda de Caselas en agosto de 1973, é unha pastora, escritora e activista vasca de orixe galega. Reside en Antzuola (Guipúscoa).
Traxectoria Os seus pais eran labregos emigrados. A nai estivo en Alemaña e o pai traballou como mariño mercante. Tras recalar en Pasaia decidiron ficar no País Vasco e asentáronse en Antzuola. Se ben naceu en Galicia, nunca residiu alí. Pasou a infancia nun edificio de vivendas en Antzuola, pero mantivo o contacto co mundo agrícola nunha horta na que tamén tiñan animais e nas viaxes a Galicia a visitar a familia.
Foi traballadora social, terapeuta, e profesora no centro de aprendizaxe de lingua éuscara para persoas adultas en Vitoria. Logo dunha excedencia decidiu deixar o traballo como docente e decidiu ser pastora de ovellas. Participou activamente na asociación de agricultura ecolóxica EHKOlektiboa, e foi membro do grupo de traballo entre 2018 e 2024. Como defensora das zonas rurais e dos contornos naturais vivos, forma parte dos movementos contra os macroproxectos enerxéticos, especialmente contra as centrais eólicas proxectados nas montañas de Guipúscoa. Entre 2016 e 2022 escribiu no blog Pikunietatik Hausnarrean, de ZUZEU. Colaborou con artigos e columnas en medios como Goiena e dende 2023 Argia. Participou no documental Zure platerean hasten da mundua (Ion Fontenla, 2022) e é autora do prólogo do ensaio Lur gainean, itzal azpian de Leire Milikua Larramendi.
En 2023 publicou o libro Hausnarrean. Ardiek egin naute artzain, un diario no que conta as súas experiencias e reflexións, intercalando prosa, poesía, fotografía e ilustracións de Eider Uribarrena Reyero. O volume foi traducido ao galego pola propia autora co título Rumiando. As ovellas fixéronme pastora e publicado en 2026 por Rinoceronte Editora, con prólogo de María Sánchez.
Notas
Categoría:Nados en Salceda de Caselas Categoría:Nados en 1973 Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Activistas