Izan Merino Rodríguez, nado en Málaga o 15 de abril de 2006, é un futbolista español que xoga no Málaga, da Primeira División . Xoga principalmente como centrocampista defensivo, pero tamén pode xogar de defensa central.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Málaga, club no que ingresou con nove anos. O 6 de decembro de 2023 debutou co primeiro equipo nun partido da Copa do Rei ante o Eldense. Participou en cinco partidos da Primeira Federación no resto da campaña, na que o seu equipo conseguiu o ascenso á Segunda División.

Debutou na categoría de prata o 17 de agosto de 2024, substituíndo a Juanpe nun encontro ante o Racing de Ferrol na Malata.

Selección española Foi internacional coas categorías sub-17, sub-18, sub-19 e sub-20 da selección española.

Notas

Categoría:Nados en Málaga Categoría:Nados en 2006 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19