Los enredos de una gallega é unha película de comedia de enredos mexicana de 1951 dirixida por Fernando Soler e protagonizada por Niní Marshall e Fernando Soto, cunha aparición da popular bailarina da época Toña la Negra. O filme estreouse o 11 de outubro de 1951 e foi producido por Ultramar Films .

Sinopse Cándida (Niní Marshall) é unha inmigrante galega que vive en México e que se dedica á venda de billetes de lotaría. O seu soño é mercar unha fonda que están traspasando, pero non ten cartos para alugalo. Na súa procura para adquirir o restaurante, atópase cun estafador, Filogonio (Fernando Soto), que se gaña a vida estafando a outros. Nun golpe de fortuna, Cándida gaña o premio da lotaría, pero non atopa o billete.

Elenco

Niní Marshall como Cándida. Fernando Soto como Filogonio (como Fernando Soto "Mantequilla"). Joaquín Roche Jr., como Beto. Ramón Gay como o Bicicletas. Sara Montes como Magda. Antonio Bravo como Don Severo. Nacho Contla como Don Feliciano. Eduardo Alcaraz como Don León. Aurora Ruiz como Dona María. Luis Badillo como xefe iucateco de Cándida. Emilio Brillas como vendedor de aspiradoras. Roberto Cobo como El Fenómeno, toureiro. Toña la Negra como cantante.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en Rotten Tomatoes .

Categoría:Filmes de 1951 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes sobre a diáspora galega