Carlos Francisco Puga Medina, nado en Albuñol o 26 de novembro de 2000, é un futbolista español que xoga no Málaga, da Segunda División. Xoga principalmente de lateral dereito, pero tamén pode xogar de extremo dereito.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras de varios clubs modestos de Andalucía, así como no Granada e no Almería. Tras xogar no Motril e no Córdoba B, o 1 de xullo de 2021 debutou co primeiro equipo na Segunda División B. Posteriormente militou no Atlético de Madrid B e no Málaga, co que logrou o ascenso á Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados na provincia de Granada Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Córdoba CF B