Persecución ao límite (en ) é un filme estadounidense-alemán de 2016 dirixido por Eran Creevy, quen tamén escribiu o guión con F. Scott Frazier. O filme está protagonizado por Nicholas Hoult, Felicity Jones, Marwan Kenzari, Ben Kingsley e Anthony Hopkins. A trama segue a dous mozos estadounidenses que viven en Alemaña e deben completar un roubo de drogas dun xefe do crime para pagar unha operación médica.
Persecución ao límite anunciouse orixinalmente en maio de 2013 como Autobahn, con Zac Efron e Amber Hear como protagonistas. Despois de que ambos abandonasen o proxecto, Hoult e Jones foron elixidos para substituílos e a rodaxe comezou en maio do ano seguinte.
Estreouse en galego o 6 de xuño de 2025 a través da TVG.
Personaxes Nicholas Hoult como Casey Stein Felicity Jones como Juliette Marne Anthony Hopkins como Hagen Kahl Ben Kingsley como Geran Marwan Kenzari como Matthias Clemens Schick como Mirko Erdal Yildiz como Rainer Michael Epp como Karl Aleksandar Jovanović como Jonas Markus Klauk como Talaz
Notas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Eran Creevy Categoría:Filmes de Silver Pictures Categoría:Filmes de Open Road Films Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego