A beta-actina ou actina beta (abreviatura oficial do seu xene no Comité de Nomenclaura de HUGO é ACTB) é unha das seis isoformas da proteína actina que foi identificada en humanos. É unha da actinas citoesqueléticas non musculares. As actinas son proteínas moi conservadas que interveñen na motilidade, estrutura e integridade. As beta-actinas son un constituínte importante do aparato contráctil.

Interaccións A beta-actina interacciona con SPTBN2. Ademais, a proteína que se une ao ARN Sam68 interacciona co ARNm que codifica a beta-actina, que regula a formación sináptica de espiñas dendríticas cos seus compoñentes citoesqueléticos.

A beta-actina activa eNOS, o que incrementa a produción de óxido nítrico (NO). Un motivo de 8 aminoácidos (326-333) en eNOS é o mediador da interacción entre a actina e eNOS.

Importancia clínica

As mutacións rocorrentes no xene ACTB, situado no cromosoma 7 humano, foron asociadas a casos de linfoma de células B grandes difusa. As mutacións de novo de ganancia de función neste xene están asociadas coa síndrome de Baraitser-Winter.

Aplicacións A beta-actina utilízase ás veces en Western blot como control de carga para normalizar as cantidades de proteína e comprobar a degradación final da proteína nas mostras. O seu transcrito tamén se usa frecuentemente como un xene de mantemento estándar en qPCR. O seu peso molecular é de aproximadamente 42 kDa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Actina ACTA1

Ligazóns externas

Categoría:Citoesqueleto Categoría:Proteínas humanas Categoría:Proteínas do citoesqueleto