Estratón (latín Straton, grego ) foi un poeta epigramático grego orixinario de Sardes, que elaborou unha antoloxía chamada Μοῦσα παιδική (A musa dos nenos), segundo explica Constantino Céfalas na Antoloxía Palatina.

Esta antoloxía de Estratón incluía epigramas da antiga Grilanda de Meleagro e da Antoloxía de Filipo, epigramas doutras fontes e tamén poemas do propio Estratón. En total, incluíanse 258 poemas, dos cales 98 eran de Estratón. Esta antoloxía formou a última sección da antoloxía de Planudes. Os seus epigramas son elegantes e intelixentes, pero causaron escándalo polos seus temas homosexuais e pederastas.

Viviu no século II, xa que a Antoloxía de Filipo está datada a finais do século I, e menciónao Dióxenes Laercio, quen escribiu moi probabelmente a principios do século III. Por unha mención que fai do médico Artemidoro Capitón suponse que viviu na época do emperador Hadriano.

Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:nados no século II Categoría:finados no século III Categoría:personalidades de Sardes na Antigüidade Categoría:Poetas Categoría:Escritores en lingua grega antiga