Añón é un apelido galego. En orixe facía referencia ao lugar de residencia ou procedencia da persoa, coincidente co topónimo Añón.

En xaneiro de 2023 existían 2.158 persoas en Galicia co apelido Añón, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Añón na eeb do Instituto Galego de Estatística.

Etimoloxía O apelido provén do topónimo galego Añón ("aña grande").

Personalidades Nicolasa Añón Paz, poeta galega (1810 - 1887); Francisco Añón Paz, poeta e xornalista galego, irmán da anterior (1812 - 1878); Manolo Caamaño Añón, artesán ceramista e escultor galego (n. 1950); Teresa Añón, pintora e escultora galega; David Añón González, futbolista galego (n. 1989).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.

Categoría:Apelidos galegos