O Premio Alfaguara de Novela en lingua castelá creouno en 1965 a editorial Homónima (fundada un ano antes polo escritor Camilo José Cela, autor da obra A familia de Pascual Duarte) e seguiuse convocando até 1972. A súa dotación económica era de 200.000 pesetas.

En 1980, Alfaguara foi adquirida polo Grupo Santillana e, despois de vinte e cinco anos de ausencia, en 1998 volveu convocar o premio con carácter anual, cunha dotación económica de 175.000 dólares e unha escultura do artista español Martín Chirino. O galardón outórgase na sede do Grupo en Madrid entre febreiro e marzo, e entrégase un mes despois.

A obra gañadora distribúese simultaneamente en España, Latinoamérica e Estados Unidos e isto, xunto á calidade das obras galardoadas, conferiulle gran prestixio.

Como dato curioso, o escritor Manuel Vicent obtivo este galardón en dúas ocasións, en 1966 coa obra Pascua y naranjas e en 1999 con Son de mar, que foi adaptada ao cine dous anos máis tarde polo director Bigas Luna.

Listaxe de obras e autores gañadores AnoNovela gañadoraAutorNacionalidade1965Las corrupcionesJesús Torbado1966Pascua y naranjasManuel Vicent1967FaunaHéctor Vázquez-Azpiri1968Corte de cortezaDaniel Sueiro1969Deserto1970Todas esas muertesCarlos Droguett1971Leña verdeLuis Berenguer1972Florido mayoAlfonso Grosso1973 - 1997Non convocado1998Caracol BeachEliseo AlbertoMargarita, está linda la marSergio Ramírez1999Son de marManuel Vicent2000Últimas noticias del paraísoClara Sánchez2001La piel del cieloElena Poniatowska2002El vuelo de la reinaTomás Eloy Martínez2003Diablo guardiánXavier Velasco2004DelirioLaura Restrepo2005El turno del escribaGraciela Montes Ema Wolf2006Abril rojoSantiago Roncagliolo2007Mira si yo te querréLuis Leante2008ChiquitaAntonio Orlando Rodríguez2009El viajero del sigloAndrés Neuman2010El arte de la resurrecciónHernán Rivera Letelier2011El ruido de las cosas al caerJuan Gabriel Vásquez2012Una misma nocheLeopoldo Brizuela2013La invención del amorJosé Ovejero2014El mundo de afueraJorge Franco2015Contigo en la distanciaCarla Guelfenbein2016La noche de la UsinaEduardo Sacheri2017RendiciónRay Loriga2018Una novela criminalJorge Volpi2019Mañana tendremos otros nombresPatricio Pron2020Salvar el fuegoGuillermo Arriaga2021Los abismosPilar Quintana2022El tercer paraísoCristian Alarcón Casanova2023Cien cuyes Gustavo Rodríguez2024Los alemanesSergio del Molino2025Arderá el vientoGuillermo Saccomanno2026El ejército ciegoDavid Toscana

Notas

Categoría:Premios de España