Gumersindo Otero Badás, máis coñecido como Sindo Otero, nado no Ribeiro (Bande) o 25 de outubro de 1965, é un músico galego de música folk e de autor.

Traxectoria En 1999 foi un dos fundadores do grupo de música folk galego Kérkennai. Ademais, desenvolveu en solitario a faceta de guitarrista e compositor.

Discografía Con Kérkennai Vía Nova (Zouma Records, 2003) Nas Beiras de Lethes (Zouma Records, 2007) Un Soño Cotián de Bolboretas (Phonos, 2013)

En solitario Adiante – A Palabra de Xosé Velo (2023). Obra baseada en poemas de Xosé Velo.

Audiovisual Campanal de Loureda. Paixón por un sentimento (2022). Documental dirixido por Xabier Maceiras e Fran Naveira. Xosé Velo en Vigo. A guerrilla antifranquista na provincia de Pontevedra (2020). Documental dirixido por Aser Álvarez.

Véxase tamén Ligazóns externas Música inmortalizará a obra inédita do escritor Xosé Velo en La Región. Adiante: Cinco poemas de Pepe Velo musicados por Sindo Otero en Tercera Información.

Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Bande