miniatura| A distribución Gamma réxese por dous parámetros de forma: k e θ. Un cambio nun destes parámetros non só muda a posición ou escala da distribución, senón tamén a súa forma. En teoría da probabilidade e na estatística, un parámetro de forma é un tipo de parámetro que rexe unha familia paramétrica de distribucións de probabilidade .

Definición Un parámetro de forma é un parámetro dunha distribución de probabilidade que non é un parámetro afín, polo tanto, non é nin un parámetro de posición nin un parámetro de escala. Este parámetro só rexe a forma da distribución é un tipo de parámetro numérico dunha familia paramétrica de distribucións de probabilidadeEveritt B.S. (2002) Cambridge Dictionary of Statistics. 2nd Edition. CUP. .

Exemplos As seguintes distribucións teñen un parámetro de forma:

Distribución beta Distribución de Burr Distribución de Erlang Distribución gamma Distribución log-loxística Distribución de Pareto Distribución de Pearson Distribución Weibull

Contraexemplos Pola contra, as seguintes distribucións non teñen un parámetro de forma: a súa forma é fixa e só se pode modificar a súa posición e/ou a súa escala. Isto fai que a asimetría e o coeficiente de curtose sexan constantes, xa que se sabe que estas características non dependen dos parámetros de posición e escala.

Distribución exponencial Distribución de Cauchy (probabilidades) Distribución loxística Distribución normal Distribución uniforme continua

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Curtose. asimetría.

Categoría: estatística