María Teresa Vicente Giménez, nada en Lorca en 1962, é unha académica española. É profesora titular de Filosofía do Dereito e directora da cátedra de dereitos humanos e dereitos da natureza da Universidade de Murcia.
Traxectoria Logo de exercer a avogacía dende 1987 até 1994, as súas investigacións e publicacións académicas centráronse na xustiza ecolóxica, os dereitos sociais, o feminismo xurídico e os dereitos da infancia.
Dende o ano 2019 promoveu, xunto a un grupo de xuristas, científicos e activistas, a iniciativa lexislativa popular para que se recoñeza a personalidade xurídica do Mar Menor da Rexión de Murcia e darlle á lagoa dereitos propios. Esta iniciativa acadou en outubro de 2021 o medio millón de sinaturas preciso para que a súa proposición de lei fose debatida no Congreso dos Deputados.
En 2023 recibiu a Medalla de Honra do Voluntariado do Consello de Europa. En 2024 foi gañadora por Europa do Premio Medioambiental Goldman.
Publicacións salientables Justicia y derecho ambiental: para un modelo de la justicia ecológica. Universidade de Murcia. 1995 La exigibilidad de los derechos sociales. Editorial Tirant lo Blanch. 2006 Coordinación de Los derechos de los niños, responsabilidad de todos. Publicaciones Universidad de Murcia. 2007 Edición de Justicia ecológica en la era del Antropoceno. Editorial Trotta. 2016 Justicia ecológica y derechos de la naturaleza. Editorial Tirant. 2023
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Lorca Categoría:Alumnos da Universidade de Murcia Categoría:Profesores da Universidade de Murcia Categoría:Avogados de España Categoría:Premio Medioambiental Goldman Categoría:Ecoloxistas de España