Emma Isabel Lira, nada en Madrid en 1971, é unha xornalista, escritora, viaxeira española, licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid.
Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou traballando en Diario16 e exerceu como redactora xefe en diferentes publicacións. Apaixonada da arqueoloxía, e gran coñecedora da cultura árabe, a historia das relixións e, en especial, o islam, viaxou polo Magreb, Oriente Medio e o África Subsahariana en coche.
En 2011 foi finalista do XVI Premio Fernando Lara coa súa novela Tras el Agua Grande, e deu o salto ao relato longo publicando dúas novelas: Búscame donde nacen los Dragos, (Plaza y Janés, 2013) Lo que esconden las olas, (Plaza y Janés, 2015) Espejismo, viaje al Oriente desaparecido (2018), Ponte en mi piel, (Espasa, 2019) e El último árbol del paraíso, (Espasa, 2020).
Na actualidade, redacta guías de viaxe para Lonely Planet, colabora con National Geographic, é membro da Sociedade Xeográfica Española e exerce como guía en destinos africanos como Etiopía, Marrocos ou Madagascar.
Obras Búscame donde nacen los dragos, (Plaza y Janés, 2013). Lo que esconden las olas (Plaza y Janés, 2015). Espejismo. Viaje al oriente desaparecido (En elaboración). Ponte en mi piel (Espasa, 2019), baseada na historia de Petrus Gonsalvus El último árbol del paraíso (Espasa, 2020) Búscame donde nacen los dragos, edición 10.ª aniversario (Delmedio Ediciones, 2022)
Premios e recoñecementos 2011 Finalista do XVI Premio Fernando Lara coa súa primeira novela Tras el Agua Grande.
Notas
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá