Qaryat al-Faw (en ) foi a capital do primeiro Reino de Kinda. Atópase a 100 km ao sur de de Wadi ad-Dawasir, e a 700 km ao suroeste de Riad, a cidade capital de Arabia Saudita. O sitio arqueolóxico de al-Faw conta cos restos numerosas edificacións como casas residenciais, mercados, estradas, cemiterios, templos e pozos de auga. Neste lugar atópase unha inscrición en árabe antigo do século I, escrito en alfabeto surarábigo, o máis antigo da súa clase no sur de Arabia.
En xullo de 2024, Qaryat Al-Faw foi declarado oficialmente Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
Historia Os investigadores saben pouco da cidade. Segundo as escavacións arqueolóxicas, a cidade data do século IV a.C.A. R. Al-Ansary, Qaryat Al-Fau: A Portrait Of Pre-Islamic Civilisation In Saudi Arabia, 1982, University of Riyadh (Saudi Arabia), p. 146. A cidade era coñecida orixinalmente polo corpus de inscricións no sitio como Qaryat Dhu Kahl. Kahl era a principal divindade adorada polas tribos árabes dos kindah e madh'hij.BM Report of Trustees 1981-84, pp.60-61, fig. 18 Tamén se coñece cos nomes de Qaryat al-Hamraa (Cidade Vermella) e Dhat al-Jnan (Cidade dos Xardíns) polos habitantes no seu período de prosperidade.
A idade de ouro da cidade estendeuse durante case oito séculos entre o século IV a.C. e o século IV d.C. antes de ser abandonada. No seu longo período, a cidade sobreviviu a varios ataques dos estados veciños, como suxiren os relatos sabeos de finais do século II d.C. Tamén a inscrición de Namara menciona a expedición de Imru' al-Qays ibn 'Amr a Najran onde chegou a Qaryat al-Faw e expulsou da cidade a tribo gobernante de Madh'hij.المدنية في الوطن العربي في ضوء الاكتشافات الآثارية: النشأة والتطور p.98 Nunca se volveu mencionar despois dese incidente, agás nun breve relato de al-Hamdani.
As escavacións arqueolóxicas revelaron que a cidade se desenvolveu a partir dunha pequena estación de paso de caravanas a un importante centro comercial, relixioso e urbano no centro de Arabia, Najd.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Arabia Saudita
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Arabia Saudita