Mireia Calafell i Obiol, nada en Barcelona o 23 de xuño de 1980, é unha poeta, escritora e produtora cultural catalá. Algúns dos seus poemas forman parte de antoloxías publicadas na Arxentina, o Brasil, os Países Baixos, o Reino Unido, os Emiratos Árabes e España. miniatura Licenciada en Humanidades pola Universidade Pompeu Fabra, traballou en Sullivan, desde onde desenvolveu proxectos culturais e educativos. Foi codirectora do festival Poesia i + (2016 e 2017) e desde 2018 codirectora do festival Poesia de Barcelona.

No ámbito da investigación, publicou varios artigos en revistas especializadas en estudos culturais. Foi codirectora, con Meri Torras, da colección de ensaios breves "Los textos del cuerpo" e editou, con Aina Pérez Fontdevila, o libro El cuerpo en mente. Versiones del ser desde el pensamiento contemporáneo (2011). Publicou, con Begonya Sáez e Isabel Segura, o libro Off the record. Representacions frontereres de la memòria històrica de les dones (2011).

En 2024 participou en Pontevedra no Festival de poesía Veñan as cinco.

Obra publicada

Poètiques del cos (2006). Cabrera de Mar: Editorial Galerada. (Premio Amadeu Oller, 2006; Premio Anna Dodas, 2008) Costures (2010). Barcelona: Edicións Viena. (Premio de Poesía Josep Maria López Picó, 2009) Tantes mudes (2014). Catarroja: Perifèric Edicions. (Premio Oliver Welcome, 2013; Premio Lletra d'Or, 2015) [Tantas mudas : Barcelona, ​Stendhal Books, 2016. Tradución de Flavia Company]. Nosaltres, qui (2020). Barcelona, LaBreu Edicions. ( Premio de Poesía de Mallorca, 2019;Premio de Poesía Josep Maria Llompart, 2021). Si una emergència (2024). Barcelona: Proa. 72

Premios e recoñecementos

2023 - Premio de Poesía Carles Riba por Si una emergència. Notas

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Escritores en lingua catalá