Genaro Rodríguez Serrano, nado en Gerena o 23 de marzo de 1998, é un futbolista español que xoga como defensa central e centrocampista no Córdoba, da Segunda División.

Traxectoria Formado na canteira do Sevilla, subiu ao Sevilla C no verán de 2017. O 25 de marzo do ano seguinte debutou co Sevilla Atlético na Segunda División, nun partido ante o Zaragoza na Romareda. A súa estrea co primeiro equipo produciuse o 12 de decembro de 2019, nunha derrota por 0-1 contra o APOEL, correspondente á Europa League.

O 5 de outubro de 2020 rescindiu o seu contrato co club andaluz e asinou polo Mirandés, de Segunda, no que xogou durante un ano, antes de fichar polo Málaga, da mesma categoría. Co club malacitano viviu un descenso a Primeira Federación e a continuación un ascenso de novo a Segunda na tempada 2023/24.

Tralo ascenso deixou Málaga e asinou como novo xogador do Córdoba CF, tamén ascendido á categoría de prata.

Notas

Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Nados en 1998 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Córdoba CF