Richard Ewing Powell, nado en Mountain View (Arkansas) o 14 de novembro de 1904 e finado nos Ánxeles (California) o 2 de xaneiro de 1963, foi un actor, cantante, produtor e director de cinema estadounidense.

Traxectoria Powell estudou no Little Rock College (hoxe Universidade de Arkansas en Little Rock), antes de iniciar a súa carreira como cantante coa Charlie Davis Orchestra, con base en Indianapolis."Richard Ewing Powell." Dictionary of American Biography (1981) Charles Scribner's Sons, Nova York Gravou varios discos con Davis e tamén pola súa propia conta coa discográfica Vocalion Records a finais da década de 1920.

Powell marchou a Pittsburg, onde tivo un grande éxito local como mestre de cerimonias nos teatros Enright e Stanley. En abril de 1930, Warner Bros. adquiriu Brunswick Records, nese momento propiedade de Vocalion. En Warner Bros. quedaron impresionados pola voz de Powell e pola súa gravidade na escena, polo que lle ofreceron un contrato cinematográfico en 1932. Debutou no cinema como cantante dunha banda en Blessed Event."Dick Powell." International Dictionary of Films and Filmmakers Vol. 3. (2000) Gale, Detroit Continuou a interpretar o papel de mozo crooner en musicais como 42nd Street, Footlight Parade, Gold Diggers of 1933, Dames, Flirtation Walk e On the Avenue, traballando adoito con Ruby Keeler e Joan Blondell.

Powell desexaba sobre todo ampliar o seu repertorio, mais Warner Bros. impedíallo. Finalmente, xa na década de 1940, e aceptando que os seus días de mozo romántico xa quedaran atrás, fixo presión para interpretar o protagonista de Double Indemnity, aínda que perdeu fronte a Fred MacMurray. O éxito de MacMurray, non obstante, aumentou a resolución de Powell de conseguir proxectos de maior envergadura, e en 1944 foi escollido para traballar na primeira parte dunha serie de filmes de cinema negro protagonizadas polo detective privado Philip Marlowe. Este filme foi Murder, My Sweet, dirixido por Edward Dmytryk. Foi un grande éxito, e Powell conseguiu asentarse como actor dramático.

O ano seguinte, Dmytryk e Powell volveron reunirse para rodar Cornered, un apaixonante thriller que axudou a definir o estilo do xénero. Fíxose popular representando "tipos duros" en filmes como Johnny O'Clock e Cry Danger. Mesmo cando traballou con papeis máis lixeiros en filmes como The Reformer and the Redhead e Susan Slept Here, xa nunca volveu cantar no cinema.

Desde 1949 a 1953, Powell tivo un papel principal no programa radiofónico da NBC Richard Diamond, Private Detective. Tratábase dun programa semanal de trinta minutos de duración en que interpretaba un simpático detective privado dotado cun grande enxeño.

Na década de 1950, produciu e dirixiu varios filmes de serie B e foi un dos fundadores de Four Star Television, actuando e supervisando diversos programas para esa compañía. O seu filme The Enemy Below (1957), baseado na novela de Denys Rayner, gañou o Óscar aos mellores efectos especiais.

Powell faleceu en West Los Angeles, California, en 1963 a causa dun linfoma, con 58 anos. Foi un dos moitos membros da rodaxe do filme O conquistador (1956) que faleceron de cancro.Olson, James (2002) Bathsheba's Breast: Women, Cancer and History, Johns Hopkins University Press, Baltimore, Maryland O conquistador filmouse en Utah, preto dun lugar no que se realizaron probas atómicas. Dick Powell foi incinerado e as súas cinzas depositadas no Columbarium of Honor no Forest Lawn Memorial Park de Glendale, California.

Vida persoal Dick Powell estivo casado en tres ocasións: Con Mildred Maund, de 1925 a 1927. Coa actriz Joan Blondell. Casaron o 19 de setembro de 1936 e divorciáronse en 1944. Tiveron dous fillos, Ellen e Norman, este último adoptado do primeiro matrimonio de Joan. Coa actriz e cantante June Allyson. Casaron o 19 de agosto de 1945. O matrimonio durou ata o pasamento de Powell. Tiveron dous fillos, Pamela (adoptada) e Richard Powell, Jr.

Filmografía Como actor Ano Filme Personaxe Director Notas 1932 Blessed Event Bunny Harmon Roy Del Ruth Big City Blues Radio Announcer Mervyn LeRoy Sen acreditar; só voz Too Busy to Work Dan Hardy John G. Blystone 1933 The King's Vacation John Kent John G. Adolfi 42nd Street Billy Lawler Lloyd Bacon Gold Diggers of 1933 Brad Roberts Busby Berkeley Footlight Parade Scotty Blair College Coach Phil Saegent William A. Wellman Convention City Jerry Ford Archie Mayo Filme perdido 1934 Wonder Bar Tommy Busby Berkeley Twenty Million Sweethearts Buddy Clayton Ray Enright Dames Jimmy Higgens Busby Berkeley Happiness Ahead Bob Lane Mervyn LeRoy Flirtation Walk Dick "Canary" Dorcy Frank Borzage 1935 Gold Diggers of 1935 Dick Curtis Busby Berkeley Broadway Gondolier Richard "Dick" Purcell Lloyd Bacon Broadway Hostess Quartet member Frank McDonald Sen acreditar Page Miss Glory Bingo Nelson Mervyn LeRoy A Midsummer Night's Dream Lysander Max Reinhardt e William Dieterle Shipmates Forever Dick Melville III Frank Borzage Thanks a Million Eric Land Roy Del Ruth 1936 Colleen Donald Ames Alfred E. Green Hearts Divided Capt. Jerome Bonaparte Frank Borzage Stage Struck George Randall Busby Berkeley Gold Diggers of 1937 Rosmer Peak Lloyd Bacon 1937 On the Avenue Gary Blake William Seiter The Singing Marine Bob Brent Busby Berkeley Varsity Show Charles "Chuck" daly William Keighley Hollywood Hotel Ronnie Bowers Busby Berkeley 1938 Cowboy from Brooklyn Ellyn Jordan / Wyoming Steve Gibson Lloyd Bacon Hard to Get Bill Davis Ray Enright Going Places Peter Mason 1939 Naughty but Nice Prof. Donald Hardwick 1940 I Want a Divorce Alan MacNally Ralph Murphy Christmas in July Jimmy McDonald Preston Sturges 1941 Model Wife Fred Chambers Leigh Jason In the Navy Thomas Halstead Arthur Lubin 1942 Star Spangled Rhythm Himself Paul Weatherwax Segmento: "Hit the Road to Dreamland" 1943 Happy Go Lucky Pete Hamilton Curtis Bernhardt Riding High Steve Baird George Marshall True to Life Link Ferris 1944 It Happened Tomorrow Larry Stevens René Clair Meet the People William "Swanee" Swanson Charles Reisner Murder, My Sweet Philip Marlowe Edward Dmytryk Estreado no Reino Unido como Farewell, My Lovely 1945 Cornered Laurence Gerard 1947 Johnny O'Clock Johnny O'Clock Robert Rossen 1948 To the Ends of the Earth Commissioner Michael Barrows Robert Stevenson Pitfall John Forbes Andre de Toth Station West Haven Sidney Lanfield Rogues' Regiment Whit Corbett Robert Florey 1949 Mrs. Mike Sgt. Mike Flannigan Louis King 1950 The Reformer and the Redhead Andrew Rockton Hale Norman Panama e Melvin Frank Right Cross Rick Garvey John Sturges 1951 The Tall Target John Kennedy Anthony Mann Cry Danger Rocky Mulloy Robert Parrish You Never Can Tell Rex Shepard Lou Breslow 1953 The Bad and the Beautiful James Lee Bartlow Vincente Minnelli 1954 Susan Slept Here Mark Christopher Frank Tashlin

Como director Split Second (1953) O conquistador (1956) You Can't Run Away from It (1956) The Enemy Below (1957) The Hunters (1958)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Dick Powell Photo Gallery Photographs and literature Cinderella's Boyfriend – 1934 article about Powell from Radio Mirror Aparicións en What's My Line?:

Categoría:Nados en Arcansas Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Arcansas Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Arcansas Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Finados por cancro