Bouenza (tamén escrito como Buenza ou BwenzaMayeul de Dreuille, La Bouenza, 1892-1992: les sources de l'église au Congo, Editions Beauchesne, 1994, p. 22) é un departamento da República do Congo. Atópase na parte meridional do país e limita cos departamentos de Lékoumou, Niari e Pool. Internacionalmente, ten fronteira coa República Democrática do Congo. A súa capital é Madingou. Destacan as cidades e vilas de Loudima, Mouyondzi, Loutété e Nkayi. En 2023 tiña 363 850 habitantes.

Divisións administrativas O departamento de Bouenza divídese en dez distritos e dúas comunas:

Distritos Madingou Mouyondzi Boko-Songho Mfouati Loudima Kayes Kingoué Mabombo Tsiaki Yamba

Comunas Comuna de Nkayi Comuna de MadingouA comunidade urbana de Madingou acadou o status de comuna o 16 de marzo de 2017: http://www.sgg.cg/imageProvider.asp?private_resource=2639&fn=jo_2017_12.pdf

Notas

Bouenza