Cuvette é un departamento da República do Congo. Atópase na parte central do país e limita cos departamentos de Cuvette-Ouest, Likouala, Plateaux e Sangha. Internacionalmente, ten fronteira coa República Democrática do Congo. A súa capital é Owando. Destacan as cidades e vilas de Boundji, Makoua e Okoyo. En 2023 tiña 316 599 habitantes.

Divisións administrativas O departamento de Cuvette divídese en nove distritos e unha comuna:Décret n° 2008-891 du 31 décembre 2008 portant nomination des sous-préfets citado na páxina de Zenga Mambu

Distritos Makoua Boundji Mossaka Loukoléla Oyo Ngoko Ntokou Tchikapika BokomaNovo distrito creado o 16 de marzo de 2017:

Comunas Comuna de Owando

Notas

Cuvette