Carlos de Beistegui, nado na Cidade de México o 18 de febreiro de 1863Copia traducida ao francés da partida de nacemento "LH//165/56". Archives nationales (leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr). e finado en Biarritz, Francia, o 12 de xeneiro de 1953,"Beistegui de, Carlos". Archives nationales (Leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr). foi un coleccionista de arte e numismático mexicano coñecido polo seu labor como mecenas e filántropo en Francia.

Traxectoria

Orixe familiar e primeiros anos Carlos de Beistegui, nado na Cidade de México, procedía dunha familia mexicana vinculada á empresa e ao coleccionismo de arte,"Antenna: The Beistegui family collecting tradition". Cristies.com. 12 de decembro de 2018. que emigrara a México desde o País vasco a finais do século XVIII. Alí o seu avó, Juan Antonio Beistegui y Arróspide (1778-1865), natural de Mondragón, fixera fortuna coas súas actividades comerciais e financeiras, mais a inestabilidade política e económica provocada polo derrocamento e a execución de Maximiliano de Habsburgo en 1867 obrigou a familia a abandonar México.Arias Serrano, L. "El asunto Beistegui y sus silencios". Museodelprado.es

Así as cousas, Carlos de Beistegui instalouse en Francia en 1876,"Beistegui". Comité d'histoire. Bibliothèque nationale de France (Comitehistoire.bnf.fr). xunto coa súa familia, á idade de 13 anos. En París comezou a súa formación artística no obradoiro do retratista Léon Bonnat.

Coleccionista de arte e filántropo miniatura|esquerda|Carlos de Beistegui retratado por Zuloaga (1931). Museo do Louvre."Carlos de Beistegui (Mexico, 1863 - Biarritz, 1953)". Collections.louvre.fr|274x274px

O interese de Carlos Beistegui pola arte desenvolveuse non como creador, senón como coleccionista. Dirixiu esta vocación primeiramente iniciando unha colección de moedas e medallas antigas que chegou a ter unha gran relevancia, e en 1895 inclinouse cara ao coleccionismo de arte.

Antes da fin do século adquiriu obras de pintores tan salientables como van Dyck ou Rubens, e en 1912 fíxose coa obra mestra da súa colección, o Retrato da Marquesa de La Solana, de Goya, por un prezo de 500.000 francos de ouro.Chastel-Rousseau, Ch. (2020). Páxina 75.

Ao mesmo tempo, Beistegui mantivo unha estreita relación con grandes museos como o do Prado, en Madrid, ou o Louvre, en París. Neste último caso xogou un papel moi importante na recuperación dalgunhas obras mestras da pintura francesa para a pinacoteca parisiense, dun xeito totalmente altruísta. Este espírito fíxoo merecedor de numerosos recoñecementos en Francia, por mor das súas constantes doazóns,"En l´honneur de Carlos de Beistegui". En La Côte basque. Revue Illustrée de l´Euskal-Herria. Nº 313. Abril de 1930. Páxina 326. entre eles o nomeamento como Cabaleiro da Lexión de Honra en 1908, Oficial en 1923, Comendador en 1930 e Gran Oficial en 1933.

En abril de 1930 chegou a expresar publicamente a súa intención de doar ao Estado francés a súa colección persoal de pinturas.Vitry, P. (1930).Guiffrey, J. (1931). "La colección C. Besistegui. Une promesse magnifique". En Beaux Arts. Vol. IV. Xaneiro de 1930. Páxinas 10-11. Nas súas propias palabras:

A doazón produciuse finalmente o 5 de novembro de 1942, en plena segunda guerra mundial e ante o temor de Beistegui de que os seus cadros fosen confiscados polos nazis.Fouqueray, A. (1943). Augeron, L. (1945). "Un geste unique". En Les Lettres françaises. 21 de xullo."Un mécène espagnol offre au Louvre une collectión de tableaux de maîtres". En Le Matin. 26 de xaneiro de 1943. O receptor foi a Réunion des musées nationaux, que custodiou as obras no Château de Sourches, nos Países do Loira. Finalizada a guerra, a colección foi trasladada inicialmente a París e logo a Biarritz, ata que en 1953, logo do falecemento do filántropo, o groso da súa colección pasou á Sala Beistegui do Museo do Louvre."Beistegui, Carlos de ". Collections.louvre.frYvars, A. (2020). "La collection Beistegui au Louvre". Si l'art était conté... 10 de setembro.

Pola súa banda, a súa relación co Museo do Prado viuse favorecida pola súa amizade co pintor vasco Ignacio Zuloaga, que nas décadas de 1920 e 1930 tamén residía en París. Beistegui manifestou tamén a súa intención de doar pinturas ao Prado, e esta institución chegou a anunciar en 1928 que crearía unha sala co nome de Beistegui para expor os cadros doados por el. O rei Afonso XIII nomeouno en 1930 membro do Padroado Nacional do Museo do Prado,"Firma del rey". En La Voz (Madrid). 25 de abril de 1930. e concedeulle tamén a Gran Cruz da Orde de Afonso XII."Real decreto Nº 1.275". Gaceta de Madrid. 16 de maio de 1930. Páxina 1.069. Con todo, malia estes recoñecementos, a doazón anunciada non chegou a producirse, en parte como consecuencia dos cambios provocados pola instauración da segunda República Española en 1931.

Coleccionista numismático miniatura|Dracma de ouro de Siracusa, da Colección Beistegui."Monnaie : Drachme, Or, Syracuse, Sicile, Agathocle". Catalogue.bnf.fr|170x170px miniatura|Florín de Aviñón a nome de Urbano V (1362-1370)."Monnaie : Avignon, Urbain V, 1362-1370". Catalogue.bnf.fr|170x170px Paralelamente á súa relación co mundo da pintura, Carlos de Beistegui foi tamén un ávido coleccionista de moedas e medallas, e chegou a reunir unha importantísima colección, que finalmente acabou formando parte do Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia en 1931.

As doazóns parciais de moedas ao Gabinete sucedéronse xa desde 1902. Naquel ano, Beistegui adquirira a colección Henri Meyer de 1.040 moedas e medallas alsacianas para llas doar a esta institución, que non contaba cos medios económicos necesarios para comprar coleccións tan valiosas. En 1905 doou outras tres moedas selectas compradas para tal fin procedentes da venda da casa Aylé, así como diversos selos, e nos anos seguintes moedas provinciais romanas dun tesouro achado preto de Cesarea. Finalmente, Beistegui anunciou a doazón total da súa colección particular ao Gabinete, composta por 1.226 moedas de prata e, fundamentalmente, de ouro, que quedou depositada nesta institución en decembro de 1931."Collection Carlos de Beistegui (1931)". Gallica.bnf.fr A Revue numismatique fíxose eco deste importante xesto de Beistegui no seu número de xaneiro de 1932.Revue numismatique. Tomo 35. Xaneiro de 1932. Páxina 108.

En 1934, o numismático Jean Babelon fixo unha publicación restrinxida, cunha tiraxe de só 80 exemplares, dun catálogo da Colección Beistegui.Babelon. J. (1934). Segundo esta catalogación, a colección compúñase de 55 moedas gregas, 178 moedas romanas, seis moedas bizantinas, 403 moedas galas e francesas, 35 moedas feudais francesas, 501 moedas de diversos países, 28 medallas francesas e 20 medallas estranxeiras.Dieudonné, A. (1934). "La collection de monnaies et médailles de M. Carlos de Beistegui". En Revue numismatique. Tomo 37. Xaneiro de 1934. Páxinas 267-268.

Aínda que Carlos de Beistegui continuou adquirindo moedas logo do depósito da súa colección no Gabinete, e mesmo engadiu 14 novas pezas entre 1934 e 1939, finalmente decidiu en 1942 revogar a súa prometida doazón. Como consecuencia deste cambio, iniciouse unha negociación para converter a idea inicial dunha doazón nunha adquisición, que se fixo efectiva o 12 de xullo de 1944. Xa que logo, as moedas, que xa estaban mo Gabinete, continuaron alí, aínda que esparexidas e non constituíndo unha colección unitaria. Canto ao prezo aboado polo Gabinete, no seu informe de actividades de xullo de 1944 sinálase o seguinte:

Galería

A doazón de 1942 ao Museo do Louvre Esta é unha escolma de pinturas que formaron parte da doazón feita por Carlos de Beistegui en 1942 ao Museo do Louvre:"La collection de Carlos de Beistegui". Aulouvrejaime.wordpress.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Alcántara, F. (1910). "Ignacio Zuloaga. Arte e identidad nacional”. En El Imparcial. 19 de marzo. Botella, L. (2008). "Carlos de Beistegui (1863-1953, l'amoureux discret". En Grande Galerie, Le Journal du Louvre. Nº 3. Páxina 76. Babelon. J. (1934). Catalogue de la collection de monnaies et médailles de Carlos de Beistegui. Les Beaux-Arts, París. Chastel-Rousseau, Ch. (2020). "Carlos de Beistegui, portrait d'un donateur". Grande Galerie. Le Journal du Louvre. Nº 52. Páxinas 70-77. Fouqueray, A. (1943). "La collection de Beistegui appartient maintenant au Musee du Louvre". En Le Journal. 25 de febreiro. Páxina 2. Fullias, C. (2021). Carlos de Beistegui (1863-1953), collectionneur et donateur du Musée du Louvre: une figure énigmatique [memoria de mestrado]. École du Louvre. Guiffrey, J. (1931). "La Collection Carlos de Beistegui". En Gazette des Beaux-Arts. Tomo V. Páxinas 137-154. Vitry, P. (1930). "Documents et nouvelles. A propos de la donation Carlos de Beistegui". En Bulletin des musées de France. Maio.. Páxina 103.

Categoría:Nados en 1863 Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Finados en 1953 Categoría:Coleccionistas de arte Categoría:Numismáticos de México Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Coleccionistas Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Mexicanos de ascendencia vasca Categoría:Franceses de ascendencia mexicana