Donkey Kong Country 3: Dixie Kong's Double Trouble! (estreado no Xapón como é un videoxogo de plataformas de 1996 desenvolvido por Rare e publicado por Nintendo para Super Nintendo Entertainment System (SNES). Foi lanzado en novembro de 1996 en América do Norte e o Xapón, e o 13 de decembro en Europa e Australia. É o terceiro título da serie de videoxogos Donkey Kong Country e serve como secuela directa de Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest. Foi relanzado para a consola Game Boy Advance (GBA) en 2005. O xogo estivo dispoñible para a súa descarga na Virtual Console de Wii en 2007, así como para a Virtual Console de Wii U en 2014.
A trama céntrase en Dixie Kong e o seu curmán, Kiddy Kong, nos seus intentos por salvar a Donkey Kong e a Diddy Kong do antagonista da serie King K. Rool. O xogo está ambientado no "Northern Kremisphere", unha versión ficticia de norte de Europa e o Canadá. Dixie Kong's Double Trouble! utiliza a mesma tecnoloxía Silicon Graphics dos seus predecesores, que inclúe o uso de prerenderizado de imaxes 3D. O xogo recibiu críticas positivas logo do seu lanzamento; os críticos eloxiaron as imaxes e varios aspectos do xogo, pero a maioría estaban divididos sobre a banda sonora do mesmo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Videoxogos de 1996 Categoría:Videoxogos de 2005 Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido Categoría:Videoxogos de Virtual Console para Nintendo 3DS Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de Virtual Console Categoría:Videoxogos de Super Nintendo Entertainment System Categoría:Videoxogos de Rare Categoría:Videoxogos de Game Boy Advance Categoría:Donkey Kong Country Categoría:Videoxogos de plataformas de Donkey Kong