foi unha revista literaria taiwanesa publicada entre o 5 de maio do 1960 e setembro do 1983. Tiña unha tirada bimensual, e chegou a un total de 73 números e máis de 1400 artigos. Editaron obras de carácter ecléctico, que foron fundamentais para o desenvolvemento da literatura taiwanesa do século XX.

Historia A revista foi creada por varios estudantes da Universidade Nacional de Taiwán, entre os que se atopaban Ouyang Tzu, Pai Hsien-yung e Bai Xianyong, quen sería o seu editor en xefe. Nela debutaron prominentes escritores taiwaneses, entre os que destaca Sanmao. O estilo das historias editadas era moderno, tal e como era usual na literatura taiwanesa de finais dos cincuenta e comezos dos sesenta.

A revista deixou de publicarse no 1983.

Notas

Categoría:Literatura en lingua chinesa Categoría:Revistas en lingua chinesa Categoría:Revistas literarias