A volta ao mundo en oitenta días (en ) é unha novela de aventuras do escritor francés Jules Verne, publicada orixinalmente en 1872. Na historia, Phileas Fogg de Londres e o seu axudante francés Passepartout tentan circunnavegar o mundo en oitenta días cunha aposta de 20 000 libras fixada polos seus amigos no Reform Club. É unha das obras máis aclamadas de Verne.

Foi traducido ao galego por Valentín Arias e publicado pola editorial Edicións Xerais de Galicia no ano 1983 co título A volta ó mundo en oitenta días, dentro da colección literaria Xabarín. En 2005 publicouse de novo cunha tradución de María del Carmen Campos e o título A volta ao mundo en 80 días. Publicouna nunha edición bilingüe Baía Edicións, dentro da colección "As Mellores aventuras de Xulio Verne" En 2008, Edicións Xerais de Galicia publicou de novo a tradución de Valentín Arias, desta volta co título A volta ao mundo en oitenta días, dentro da colección literaria Xabaril.

Sinopse Phileas Fogg é un rico cabaleiro inglés que vive unha vida solitaria en Londres. A pesar da súa riqueza, Fogg vive modestamente e leva a cabo os seus hábitos con precisión matemática. É membro do Reform Club, onde pasa boa parte dos seus días. Despois de despedir o seu axudante por traerlle auga de afeitar a unha temperatura lixeiramente inferior á esperada, Fogg contrata o francés Jean Passepartout como substituto.

No serán do 2 de outubro de 1872, mentres estaba no Club, Fogg vese envolto nunha discusión sobre un artigo en The Daily Telegraph que afirma que coa apertura dun novo treito ferroviario na India, agora é posible viaxar polo mundo en oitenta días. Acepta unha aposta de 20 000 libras esterlinas, a metade da súa fortuna, dos seus compañeiros do club para completar esa viaxe neste período. Con Passepartout acompañándoo, Fogg parte de Londres en tren ás 20:45 p.m.; para gañar a aposta debe regresar ao club a esa mesma hora o 21 de decembro, oitenta días despois. Levan canda si as 20 000 libras restantes para cubrir os gastos durante a viaxe.

+ O itinerario (segundo o planeado orixinalmente) Londres a Suez, Exipto Tren a Brindisi, Italia, a través de Turín e un barco de vapor (o Mongolia) a través do mar Mediterráneo 7 días Suez a Bombai, na India Barco de vapor (o Mongolia) polo mar Vermello e o océano Índico 13 días Bombai a Calcuta, na India Tren 3 días Calcuta a Victoria, Hong Kong cunha escala en Singapur Barco de vapor (o Rangoon) polo mar da China Meridional 13 días Hong Kong a Iocoama, no Xapón Barco de vapor (o Carnatic) polo mar da China Meridional, o mar da China Oriental e o océano Pacífico 6 días Iocoama a San Francisco, nos Estados Unidos Barco de vapor (o General Grant) a través do océano Pacífico 22 días San Francisco a Nova York, nos Estados Unidos Tren 7 días Nova York a Londres, no Reino Unido Barco de vapor (o China) a través do océano Atlántico até Liverpool e tren 9 díasTotal 780px|center|Mapa da viaxe Mapa da viaxe.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía William Butcher, ed. and trans., Around the World in Eighty Days, Oxford World's Classics (1995, 1999).

Categoría:Obras literarias de 1872 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego‎ Categoría:Novelas ambientadas nos Estados Unidos de América Categoría:Novelas ambientadas en Londres Categoría:Novelas ambientadas en Italia Categoría:Novelas ambientadas en Francia