Alicia Dorado Viso, nada na Coruña a principios de decembro de 1911El Eco de Galicia, 8-12-1911, p. 2. e finada na mesma cidade o 10 de xullo de 1937, foi unha anarquista galega.

Traxectoria Traballou na fábrica de tecidos La Primera Coruñesa da que foi expulsada pola súa actividade revolucionaria. Despois traballou como panadeira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasearon ao seu home. Vivía de alugueiro no edificio Villa Rosalía e era amante do anarquista portugués Julio Acevedo Veiga. Foi enlace entre Julio Acevedo e Antonio Fournerakis para a reconstrución da FAI e tiña ocultos na súa casa estes dous dirixentes anarquistas. O 10 de xullo de 1937 a súa casa foi asaltada pola Garda Civil cando estaban agochados nela Acevedo e Fournerakis. No ataque mataron primeiro a Alicia Dorado e a Antonio Fournerakis, mentres Julio Acevedo logrou fuxirr polo tellado e saltar ao balcón do Camiño do Polvorín onde finalmente foi abatido.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

La Anarquista ALICIA DORADO VISO, organizadora de una “Casa Refugio”, fue ASESINADA por la guardia civil golpista en A Coruña, en 1937

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1911 Categoría:Antifranquistas de Galicia