Mónica González Conde, nada en Lamela (Silleda) en 1977, é unha xornalista e política galega.

Traxectoria Licenciada en Ciencias da Información, na rama de Xornalismo, pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou en varios medios de comunicación, e en 2011 incorporouse como persoal de confianza ao equipo da alcaldía de Silleda, primeiro con Paula Fernández Pena e despois con Manuel Cuíña, sendo responsable do gabinete de comunicación do Concello. Nas eleccións municipais de 2019 presentouse no cuarto posto da lista do PSdeG-PSOE e foi elixida concelleira.Monica González Conde, número 4 del PSOE de Silleda Foi concelleira de Cultura, Turismo e Deporte e primeira tenente de alcalde.Conde, primera teniente de alcalde de Silleda Dende 2022 forma parte da executiva dos socialistas de Silleda como responsable de política municipal, e da executiva nacional na secretaría para o reto demográfico. Nas municipais de 2023 foi a número dous da candidatura do PSdeG e foi elixida concelleira.Mónica González Conde, número dos de la candidatura de Cuiña

Vida persoal Ten dúas fillas e reside na parroquia silledense de Oleiros.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Silleda

Ligazóns externas Mónica González Conde será a número 2 da candidatura de Manuel Cuiña.

Categoría:Xornalistas de Silleda Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Concelleiros de Silleda

Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1977