Disney Star é un grupo provedor de canles e servizos de televisión por satélite e cable na India propiedade da The Walt Disney Company, a súa sede central está na India, contén máis de 70 canles de televisión en oito idiomas, chegando a 9 de cada 10 casas de televisión por cable e satélite na India que alcanza aproximadamente 790 millóns de espectadores ao mes en toda a India e máis de 100 países.
Disney Star é a maior cadea de televisión e entretemento da India.
Desenvolvemento A compañía rexistrouse o 1 de agosto de 1990 como parte do grupo Hutchison Whampoa, comezando a emitir cinco canles de televisión o 1 de xaneiro de 1991 a través do satélite AsiaSat 1. En 1993 Rupert Murdoch mercou a compañía. O 14 de decembro de 2017, The Walt Disney Company anunciou a súa intención de adquirir a empresa matriz de STAR India, 21st Century Fox de Rupert Murdoch, por 52.400 millóns de dólares despois da escisión de certos negocios. En 20 de marzo de 2019, o acordo completouse oficialmente e STAR India converteuse nunha subsidiaria de Disney ao pecharse o acordo.
Canles propias
STAR Movies - Filmes en inglés, conta con tres canles STAR Movies International, STAR Movies Middle East con subtítulos en árabe, STAR Movies Taiwan con subtítulos en chinés. STAR World - Emite programas en inglés dos Estados Unidos e algún do Reino Unido para o sueste de Asia e Filipinas, antes coñecido como STAR Plus. STAR Plus - Canle en hindi para a India, unha das primeiras cinco canle STAR Sports - Cadea de 10 canles en 7 linguas (inglés, bengalí, tamil, kannará, malaiala, telugu e hindi) Asianet- Canle en malaiala Asianet Sivarna- Canle en telugu Asianet Suvarna - Canle en kannará STAR, aínda que entón en inglés. STAR Utsav - Canle en hindi que emite programas históricos de STAR Plus STAR One - Canle en hindi STAR Gold - Canle de filmes en hindi STAR Vijay - Canle en támil STAR Jalsha - Canle de entretemento en bengalí STAR Ananda - Canle de noticias en bengalí STAR Majha - Canle de noticias en marathi STAR Pravah - Canle de entretemento en maratí
Categoría:Cadeas de televisión da India