O Vickers Vernon foi un biplano británico de transporte de tropasThetford 1962, p. 443 usado pola Royal Air Force. Entrou en servizo no ano 1921 e foi o primeiro transporte dedicado de tropas da RAF.

O Vernon desenvolveuse a partir do Vickers Vimy Commercial, unha variante de pasaxeiros do famoso bombardeiro Vickers Vimy, e estaba equipado con dous motores Napier Lion ou Rolls-Royce Eagle VIII. Fabricáronse un total de 55 unidades.

En febreiro de 1923, Vernons dos escuadróns 45 e 70 da RAF transportaron preto de 500 soldados a Kirkuk, Iraq,Wragg 1986, p. 13 despois de que a zona civil da cidade fose invadida por forzas kurdas. Esta foi a primeira ponte aérea estratéxica da historia.Johnson & Cozens 1984, p. 38

Os Vernons do escuadrón 45 tiñan portabombas e miras instaladas.Embry 1976, p. 34 En maio de 1924 o escuadrón foi designado oficialmente No. 45 (Bombing) Sqdn.Moyes 1964, p. 67

Os Vernons foron substituídos por Vickers Victoria a partir de 1927.

Variantes

Vernon Mk I transporte militar impulsado por dous motores de pistón Rolls-Royce Eagle VIII de 360 cabalos. Vernon Mk II transporte militar impulsado por dous motores de pistón Napier Lion II de 450 cabalos. Vernon Mk III transporte militar impulsado por dous motores de pistón de alta compresión Napier Lion III de 525 cabalos.

Notas

Bibliografía

Embry, Basil (1976). Mission Completed. London: White Lion. ISBN 0-7274-0260-9. Johnson, Brian; Cozens, H. I. (1984). Bombers The Weapon of Total War. London: Methuen. ISBN 0-423-00630-4. Moyes, Philip (1964). Bomber Squadrons of the R.A.F. and Their Aircraft. London: MacDonald. OCLC 796778515.

Thetford, Owen (1962). Aircraft of the Royal Air Force since 1918. London: Putnam. OCLC 213505944. Wragg, David (1986). Airlift A History of Military Air Transport. Shrewsbury: Airlife. ISBN 0-906393-61-2.

Categoría:Aeronaves de Vickers