Nuno I Aloitiz (orixinalmente Nunus Aloitiz ou en portugués Nuno Alvites), documentado por primeira vez en 1017 e falecido en 1028, foi conde de Portucale, era descendente de Vímara Pérez como fillo de Aloito Nuniz e Gontina.

Traxectoria A súa presenza rexístrase por primeira vez en 1017. En 1025 consta a confirmación de Nuno dunha doazón do rei Afonso V ao irmán de Nuno, Pedro Aloitiz; nese mesmo ano, outro documento di que sucedeu ao seu pai Aloito no goberno do condado. Gobernaba o condado coa súa muller Ilduara Menendiz, filla do conde Menendo II Gundisalviz, ata que foi asasinado en 1028, o mesmo ano en que morreu o rei Afonso V. Despois da súa morte, a súa viúva Ilduara continuou gobernando o condado como rexente co seu fillo menor de idade Menendo. El e a súa esposa están documentados en 1025 como comite Nunus Aloitiz et uxori eius comitissa domna Ilduara.

Familia Coa súa muller Ilduara tivo tres fillos:

Menendo III Nuniz, (fl. 1028–1054). Gobernaba o condado coa súa nai e dende o ano 1043 pola súa conta. Gontroda Nuniz, cuxa presenza consta nas fontes medievais desde 1028 ata 1088, estivo casada co conde Vasco. Foron pais de polo menos un fillo, o conde Nuno Vázquez, coñecido nas fontes portuguesas como Nuno Vasques ou Nuno de Celanova. Nuno casou con Fronilde Sánchez e tivo varios fillos, entre eles os condes Afonso Nuniz, Menendo e Sancho Nuniz. Munio Nuniz, vendeu propiedades en Domez antes de 1031.

Notas

Véxase tempo

Condado portucalense Primeiro Condado de Portucale Lista de condes de Portucale

Categoría:Finados en 1028 Categoría:Condes de Portucale