Jean François de Paule Louis Petit de La Saussaye, nado en Blois, Loir e Cher, o 6 de marzo de 1801 e finado no castelo de Troussay, en Cheverny, Loir e Cher, o 25 de febreiro de 1878, foi un historiador, numismático e erudito francés do século XIX.
Traxectoria
Primeiros anos Louis de la Saussaye naceu na vila de Blois, departamento de Loir e Cher, o 15 ventoso do ano IX do calendario republicano francés, equivalente ao 6 de marzo de 1801."La Saussaye Jean-François-de-Paule-Louis de". Comité des travaux historiques et scientifiques."La Saussaye Jean François Paule Louis Petit de". En Condette, J-F. (2006). Les recteurs d'académie en France de 1808 à 1940. Tome II. Institut national de recherche pédagogique. Páxina 248. ISBN 2-7342-1046-0Bulletin de la Société nationale des antiquaires de France. París, 1879. Páxinas 37-38. Procedía dunha antiga familia de Orleáns,Péan, A. (1860). Histoire généalogique de la maison de La Saussaye. Louis Perrin, Lión. fillo de Anne Louise e de François de Paule de La Saussaye.Poidebard, W. et al. (1907). Armorial des bibliophiles de Lyonnais de Lyonnais, Forez, Beaujolais et Dombes. Páxina 340. Ao morrer o seu pai cara a 1815, foi acollido polo seu tío, M. de Réméon, e pasou a residir no castelo de Troussay, en Cheverny.
Carreira erudita Logo de estudar o bacharelato de letras no Collège de Blois, iniciouse na carreira militar e logo ocupou diversos postos ao servizo do rei, entre eles o de recadador de impostos en Blois e bibliotecario na mesma cidade. Posteriormente dedicouse aos estudos históricos e participou en diversas escavacións arqueolóxicas nos castelos do Val do Loira e na rexión de Blésois, onde realizou debuxos dos achados que se sucedían. En 1835, acadou unha medalla no concurso nacional de antigüidades, pola publicación dunha memoria sobre a historia da zona de Sologne, na rexión de Centro-Val de Loira.
esquerda|miniatura|260x260px|O castelo de Troussay, onde residiu e finou Louis de La Saussaye
En 1828, Louis de la Saussaye recibiu en herdanza do seu tío castelo de Troussay,"Route François Ier en Val de Loire". Routesfrancois1.com cuxa restauración dirixiu posteriormente, xunto co arquitecto Jules de la Morandière."Sur les traces de Louis de la Saussaye au château de Troussay, à Cheverny". La Grenouille (Lagrenouilleenvue.blogspot.com).
Foi un erudito autodidacta. Como numismático, foi o fundador e primeiro director da revista Revue de la numismatique française, entre 1835 e 1855, xunto con Étienne Cartier."Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans"". En Revue Numismatique. 1986. Páxina 47. Esta revista, cuxo primeiro número apareceu en 1836, simplificou posteriormente o seu nome a Revue numismatique e tivo unha grande influencia no coñecemento das moedas celtas da Galia, asunto no que de la Saussaye centrou algunhas das súas publicacións.Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans". En Revue Numismatique. 1986."Les précurseurs de la numismatique gauloise au XIème siècle". Sacramoneta.com
Durante o Segundo Imperio foi nomeado conselleiro xeral de Loira e Cher, polo cantón de Blois oeste, cargo que exerceu entre 1842 e 1869. O 22 de agosto de 1854 recibiu o nomeamento como reitor da Academia de Poitiers, e en setembro 1856 da de Lión. Xubilouse do ámbito académico o 1 de setembro de 1874, despois de 20 anos de servizo, por causa da súa deficiente saúde.
De la Saussaye participou tamén, como benfeitor, no acrecentamento dos fondos da biblioteca de Blois, entre 1832 e 1855. En 1863, parte da súa colección numismática, sinaladamente composta por moedas galas, foi adquirida para o Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión.Béghain, P. et al. (2009). Dictionnaire historique de Lyon. Stéphane Bachès, Lión. Páxina 834. ISBN 978-2-915266-65-8
Foi recoñecido coa pertenza a varias institucións eruditas, entre elas a Société nationale des antiquaires de France (desde 1833), a Académie des inscriptions et belles-lettres (desde o 17 de xaneiro de 1845), a Académie des sciences, belles-lettres et arts de Lyon (desde o 9 de xuño de 1857) ou o Comité des travaux historiques et scientifiques (de 1838 a 1870). Ademais, en 1855 concedéuselle o título de Oficial da Lexión de Honra, e en 1869 foi nomeado a comendador.
En 1828, Louis de la Saussaye casou con Amélie Petit-Parreau, con quen tivo varios fillos. Amélie era filla do de Blois, quen lle cedeu o seu cargo a Louis.
Faleceu no castelo de Troussay o 24 de febreiro de 1878, e foi soterrado no cemiterio de Blois."Blois (41): cimetière de Blois-ville". Cimetières de France et d'ailleurs (Landrucimetieres.fr).
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Louis de la Saussaye ao longo da súa traxectoria académica:"Louis de La Saussaye". Books.google.com
(1833). Essai sur l'origine de la Ville de Blois et sur ses acrosissements. Techener, París. (1834). Notice sur le domaine de Chambord. Chotiau. (1837). Histoire du château de Chambord [diversas reedicións en vida].. (1840). Histoire du château de Blois. Techener [diversas reedicións en vida]. (1842). Numismatique de la Gaule narbonnaise. Rollin, París. (1844). Mémoires sur les antiquités de la Sologne blésoise. Techener, París. (1846). Histoire de la ville de Blois. Dumoulin, París. (1855). Blois et ses environs, guide artistique et historique dans le Blésois et le nord de la Touraine [diversas reedicións en vida]. (1858). Premier chapitre d'une histoire littéraire de Lyon. Aimé Vingtrinier, Lión. (1858). Notice biographique sur le Compte de Lezay-Marnésia. Aimé Vingtrinier, Lión. (1860). "Monnaies des Éduens". En Revue numismatique. 9ª derie. Tomo V. Páxinas 97-112. (1863). Tableau général de la noblesse des bailliages de Blois et de Romorantin en 1789. A. Aubry. (1865). Mémoire sur l'organisation de l'instruction publique dans l'Empire romain. Impr. impériale. (1867). Mémoire sur la voie gallo-romaine d'Orléans à Bourges. Impr. impériale. (1869). La Vie et les ouvrages de Denis Papin. Franck, París. (1876). Les Six premiers siècles littéraires de la ville de Lyon. Aug. Brun e Aug. Aubry, París e Lión.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Donné, J-P. (2016). "La Saussaye Louis de (1801-1878)". En Saint-Pierre, D. (dir.). Dictionnaire historique des académiciens de Lyon 1700-2016. Éditions de l'Académie, Lión. Páxinas 732-735. ISBN 978-2-9559433-0-4
Categoría:Nados en 1801 Categoría:Finados en 1878 Categoría:Nados en Blois Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Escritores de Francia Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia