Gāisǐ de Āxiūluó (en ) é un filme taiwanés de 2021 dirixido por Lou Yi-an e escrito por Lou Yi-an e Singing Chen. O filme está protagonizado por Joseph Huang, Morning Mo, Peijia Huang, Devin Pan, Wong Yu-xuan e Hoa-zhe Lai. Inspirouse en acontecementos da vida real e en informes de xornais sobre uns asasinatos aleatorios. Foi escollido como candidato taiwanés para presentarse ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. En novembro de 2021, estreouse no Golden Horse Film Festival, onde gañou o premio ó mellor actor revelación (Pan), mellor guión orixinal e mellor actriz secundaria (Wang).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Taiwán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de Taiwán Categoría:Filmes rodados en Taiwán Categoría:Filmes ambientados en Taiwán Categoría:Filmes baseados en feitos reais