Drii Winter é un filme xermano-suízo de 2022 dirixido por Michael Koch. O filme está ambientado nos Alpes suízos. O filme foi escollido oficialmente para competir na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde obtivo unha mención especial do xurado principal da competición polo seu guión. Foi escollido como candidato de Suíza para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse O filme xira arredor da relación entre Marco (Simon Wisler) e Anna (Michele Brand) e está ambientada nunha aldea alpina remota. Marco chega como un forasteiro, mais a xente recíbeo ben porque ten reputación de traballar duro. Posteriormente namórase de Anna, que é nai solteira e vive coa súa filla Julia. Marco e Anna deciden casar, mais as cousas cambian drasticamente cando a Marco lle diagnostican un tumor cerebral.

Personaxes Simon Wisler como Marco Michele Brand como Anna Elin Zgraggen Daniela Barmettler Josef Aschwanden

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suíza propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes de Alemaña