Francisco Manuel Cerdeira Castiñeiras, máis coñecido como Paco Cerceira e Pakolas, nado na Cidade de México o 2 de agosto de 1976, é un músico, compositor e produtor galego, residente en Oleiros.

Traxectoria Estudou enxeñería civil en UPAEP.

Comezou sendo membro do grupo Mamá Cabra. Despois en 2014 forma a banda de música infantil A Gramola Gominola, con propostas didácticas para a rapazada arredor do rock and roll. O seu primeiro traballo en solitario é Pakolas (Galaxia, 2017), co apoio do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia.

Tamén colabora en Zënzar "rock en galego".

Traballos

Con A Gramola Gominola

A Gramola Gominola (2015). Galaxia. Cancións para desafinar (2017). Galaxia Bravas. O rexurdir da luz (2019). Galaxia.

En solitario

Pakolas (2017). Vigo: Galaxia. Sonárbore. ISBN 978-84-9151-084-0. Ilustracións de Laura. Romero. Con CD. En 2023: Sonárbore. 28 páxs. Ilustracións de Laura Romero. ISBN 978-84-9151-971-3. Con código QR para escanear. Ramona Órbita. A dona do tempo (2020). Vigo: Galaxia, Sonárbore. 24 páxs. Con CD. ISBN 978-84-9151-474-9. En 2023: Sonárbore. 28 páxs. Ilustracións de Laura Romero. ISBN 978-84-9151-926-3. Con código QR para escanear. A Ramona pequena vai á Lúa (2023). Vigo: Galaxia, Sonárbore. 28 páxs. Ilustracións de Laura Romero. ISBN 978-84-1176-008-9. Con código QR para escanear. Temas: "A profe Lupe, Hurakán, Nora a furona bailona, O taller do maxín, Pícame o cu, Guitarra psicotrónica, Despistada, Coas-mans, Voltar, Guitarra-Psicotrónica- techno, Lunática".

Premios

En A Gramola Gominola

Finalistas nos Premios Galegos da Música Martín Códax na categoría Música Infantil, nos anos 2016 e 2017. Gañadores dos Premios Galegos da Música Martín Códax na categoría Música Infantil no ano 2018.

En solitario

2023: Gañador do XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. 2023: Finalista nos X Premios Martín Códax da Música na Categoría de Música Infantil. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web de Pakolas Pakolas, canle de YouTube Notas

Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1976