María Xesús López López, coñecida como Chus López, nada na Airexe (Suñide, Samos) en 1984, é unha política galega do BNG.
Traxectoria Licenciada en administración e dirección de empresas. É empregada de banca. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Samos, e foi elixida concelleira. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do BNG e foi elixida alcaldesa co apoio do PSdeG-PSOE.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Samos
Ligazóns externas María Xesús López candidata á alcaldía de Samos
Categoría:Alcaldes de Samos Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Samos Categoría:Nados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes