María del Pilar García Porto, nada en Antas de Ulla o 17 de febreiro de 1975, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Dende as eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Antas de Ulla, sendo a portavoz do grupo na oposición. Dende 2011 foi deputada provincial polo Partido Xudicial de Chantada, ocupando dende entón diversas áreas como de Economía, Facenda e Recadación, Cultura e Turismo ou Promoción do Territorio, sendo ademais a portavoz do PSdeG na Deputación. Dende febreiro de 2022 é a Secretaria de Organización provincial do PSdeG en Lugo. Nas municipais de 2023 volveu encabezar novamente a candidatura do PSdeG-PSOE en Antas de Ulla e foi elixida alcaldesa por maioría absoluta, volvendo ser ademais deputada provincial.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Antas de Ulla
Ligazóns externas Ficha na Deputación de Lugo
"Traballarei pola transformación de Antas, aínda que para algunhas cousas 4 anos son poucos". Entrevista en El Progreso.
Categoría:Alcaldes de Antas de Ulla Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Deputados provinciais de Lugo
Categoría:Nados en Antas de Ulla