Estanislao García Nebril foi un empresario, banqueiro e político galego.

Traxectoria Empresario de Cedeira, dono dunha fábrica de gasosas, unha mercería, un almacén de cereais e legumes, un de sal e outro de cal. Tiña oficina bancaria propia e foi director da sucursal do Banco de La Coruña en Cedeira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e trala renuncia de Higinio Bustabad Freire, foi nomeado alcalde de Cedeira en novembro de 1936.La Voz de Galicia, 12-11-1935, p. 5.BOP A Coruña, 18-11-1936, p. 1. Foi cesado polo gobernador civil xunto cos concelleiros Honorato González e Modesto López en setembro de 1937.El Ideal Gallego, 16-9-1937, p. 4.

Vida persoal Casou en 1914 con Amadora Rodríguez Llorente.La Voz de Galicia, 29-10-1914, p. 1.

Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Cedeira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido