A tempada 1986-1987 da Naisten SM-sarja foi a quinta tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.

Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o seu terceiro título consecutivo.

Estrutura da tempada Por segundo ano consecutivo, a competición xogouse nun único grupo e só se disputou unha liga regular, co cal o equipo que finalizou primeiro na liga regular proclamouse campión finlandés.

O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.

Equipos participantes NomeCidadeEVU VantaaIlves TampereIlves-Kiekko TampereHIFK HelsinquiShakers KeravaSaiPa LappeenrantaSport VaasaÄssät Pori

Liga regular Ao final da liga regular o Ilves de Tampere proclamouse campión logo de gañar 13 dos 14 partidos que disputou e sumar 26 puntos. O equipo de Tampere só perdeu na súa visita ao EVU de Vantaa, que se levou a prata (21 puntos), mentres que o bronce foi para as recentemente ascendidas Shakers de Kerava (19 puntos). O Ilves foi ademais o equipo máis goleador (114 goles a favor) e menos goleado (25 goles en contra). Por contra o SaiPa de Lappeenranta foi o equipo que menos goles anotou (24), e o Ilves-Kiekko de Tampere foi o equipo máis goleado (124). O Ilves conseguiu as maiores goleadas da tempada, rexistrando cinco partidos con 10 ou máis goles anotados e dous con máis de 10 goles de diferenza.

Ao final da tempada o Ilves-Kiekko descendeu logo de finalizar na derradeira posición, pasando as Tiikerit de Hämeenlinna a ocupar a súa praza na tempada seguinte.

Clasificación Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1Ilves 14 13 0 1 114 25 +89 262EVU 14 11 1 2 52 28 +24 233Shakers 14 7 2 5 54 49 +5 164Sport 14 7 0 7 56 55 +1 145Ässät 14 5 2 7 46 44 +2 126HIFK 14 6 0 8 33 39 -6 127SaiPa 14 1 3 12 24 52 -28 58Ilves-Kiekko 14 2 0 12 36 124 -88 4

Resultados IlvesEVUShakersSportÄssätHIFKSaiPaIlves-K Ilves 1-2 5-4 11-2 6-1 7-0 10-1 17-3 EVU 1-5 2-0 4-2 3-1 4-2 4-0 8-0 Shakers 3-9 3-6 7-6 3-8 3-2 3-0 10-2 Sport 3-6 2-6 2-4 4-1 5-1 6-3 9-2 Ässät 2-7 3-4 1-1 4-6 4-0 2-2 10-2 HIFK 0-5 2-3 1-2 2-0 3-1 3-0 9-4 SaiPa 3-10 1-1 2-2 0-1 0-3 0-1 10-3 Ilves-K 0-15 6-5 3-9 4-8 2-5 1-7 4-2

Anotadoras Ao finalizar a liga regular, a xogadora do Sport de Vaasa Sari Krooks foi a máxima puntuadora con 45 puntos (35 goles e 10 asistencias). Krooks foi ademais a máxima goleadora, mentres que Marianne Ihalainen (Ilves) foi a máxima asistente con 14 asistencias.

Xogadora Equipo  PX  G   A  Pts PIM Sari Krooks Sport 12 35 10 45 30 Marianne Ihalainen Ilves 14 25 14 39 4 Anne Haanpää Ässät 14 19 12 31 8 Jaana Peltonen Ilves 14 16 10 26 2 Päivi Virta Ilves 13 12 13 25 30 Tiia Reima Ilves-Kiekko 14 23 1 24 10 Anne Nurmi Ilves 12 15 8 23 14 Jaana Rautavuoma Ilves 14 14 9 23 20 Minna Nisula Ilves 14 11 11 22 2 Satu Huotari Shakers 13 10 9 19 2

Equipo campión O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1987 estivo integrado polas seguintes xogadoras:

Campión feminino de FinlandiaIlves Porteiras: Kati Ahonen, Katri Siljamäki

Patinadoras: Marianne Ihalainen, Jaana Peltonen, Päivi Virta, Anne Nurmi, Jaana Rautavuoma, Minna Nisula, Maarit Virtanen, Leena Majaranta, Leena Pajunen, Minna Katajisto, Tuija Ripatti, Heli Rekimies, Liisa Mäenpää </div>

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Naisten Liiga

1986 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1986 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1987