A tempada 1987-1988 da Naisten SM-sarja foi a sexta tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.
Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o seu cuarto título consecutivo.
Estrutura da tempada A competición xogouse nun único grupo e só se disputou unha liga regular, co cal o equipo que finalizou primeiro na liga regular proclamouse campión finlandés.
O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.
Equipos participantes NomeCidadeEVU VantaaIlves TampereHIFK HelsinquiSaiPa LappeenrantaShakers KeravaSport VaasaTiikerit HämeenlinnaÄssät Pori
Liga regular Ao final da liga regular o Ilves de Tampere proclamouse campión logo de gañar os 14 partidos que disputou e sumar 28 puntos, mentres que o EVU de Vantaa se levou a prata (20 puntos), e o HIFK de Helsinqui o bronce (16 puntos). O Ilves foi ademais o equipo máis goleador (106 goles a favor) e menos goleado (13 goles en contra). Por contra as Tiikerit de Hämeenlinna foron o equipo que menos goles anotou (16), e o máis goleado (94). O Ilves conseguiu as maiores goleadas da tempada, rexistrando cinco partidos con 10 ou máis goles anotados e tres con máis de 10 goles de diferenza.
Ao final da tempada as Tiikerit descenderon logo de finalizar na derradeira posición, recuperando as Ilves-Kiekko de Tampere o lugar que ocuparan na tempada precedente.
Clasificación Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1Ilves 14 14 0 0 106 13 +93 282EVU 14 9 2 3 48 21 +27 203HIFK 14 7 2 5 35 32 +3 164Sport 14 6 2 6 60 45 +15 145Shakers 14 5 1 8 36 50 -14 116Ässät 14 5 0 9 31 59 -28 107SaiPa 14 3 3 8 25 43 -18 98Tiikerit 14 2 0 12 16 94 -78 4
Resultados IlvesEVUHIFKSportShakersÄssätSaiPaTiikerit Ilves 3-1 4-0 12-3 8-2 10-2 2-0 17-0 EVU 0-3 1-2 5-4 1-1 4-2 4-3 7-0 HIFK 1-6 1-1 4-3 2-3 2-4 2-2 3-1 Sport 2-7 1-4 2-3 6-2 9-0 2-2 5-1 Shakers 1-6 0-4 3-1 3-7 1-4 1-3 6-3 Ässät 1-5 0-5 2-3 1-3 1-4 1-5 5-4 SaiPa 0-11 1-5 0-3 1-1 3-2 3-4 0-2 Tiikerit 0-12 0-6 0-8 0-12 1-7 1-4 3-2
Anotadoras Ao finalizar a liga regular, a xogadora do Sport de Vaasa Sari Krooks foi a máxima puntuadora con 45 puntos (38 goles e 7 asistencias). Krooks foi ademais a máxima goleadora, mentres que Anne Nurmi e Marianne Ihalainen (ambas do Ilves) foron as máximas asistentes con 13 asistencias.
Xogadora Equipo PX G A Pts PIM Sari Krooks Sport 14 38 7 45 22 Anne Nurmi Ilves 14 21 13 34 26' Marianne Ihalainen Ilves 14 20 13 33 0 Anne Haanpää Ilves 14 17 7 24 18 Hanna Hakala Sport 14 11 7 18 0 Minna Nisula Ilves 14 10 8 18 2 Jaana Peltonen Ilves 13 10 8 18 10 Sari Fisk Ässät 14 13 2 15 10 Kirsi Rasa SaiPa 14 8 7 15 14 Tea Repo EVU 13 7 8 15 20
Equipo campión O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1988 estivo integrado polas seguintes xogadoras:
Campión feminino de FinlandiaIlves Porteiras: Kati Ahonen, Katri Ahvenjärvi
Patinadoras: Anne Nurmi, Marianne Ihalainen, Anne Haanpää, Minna Nisula, Jaana Peltonen, Päivi Halonen, Jaana Rautavuoma, Maarit Virtanen, Leena Majaranta, Leena Pajunen, Liisa Mäenpää, Heli Rekimies, Tuija Ripatti </div>
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Naisten Liiga
1987 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1987 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1988