Luis Canalejas Méndez, nado en Madrid o 8 de marzo de 1862 e finado na mesma cidade o 26 de outubro de 1910, foi un enxeñeiro e político español. Era fillo do filósofo José Canalejas Casas e irmán do político e presidente de goberno José Canalejas Méndez.
Traxectoria
Carreira profesional Era Enxeñeiro de camiños, canles e portos (1889). En 1891, foi o enxeñeiro responsable da construción da liña de ferrocarril de Peñarroya a Fuente del Arco, onde o seu pai e o irmán formaban parte da dirección da compañía.López Morell (2005), p. 462 A partir de 1903, foi presidente da Sociedad Madrileña para el Alumbrado de Gas.Ballestero (2017) Tiña unha libraría na rúa Sevilla de Madrid e administraba os bens da familia.
Carreira política Foi membro do Partido Liberal, e nas eleccións xerais de 1896, foi elixido deputado polo distrito de Puerto Príncipe (Cuba).Varela Ortega (2001), p. 772 A seguir, nas eleccións de 1898, 1901, 1903 e 1905 tamén saíu elixido pero por Vilademuls (Xirona). En 1905, foi nomeado senador vitalicio.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Políticos do Partido Liberal (España)