miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Gabón, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Gabón ratificou a convención o 30 de decembro de 1986, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Gabón Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Ecosistema e paisaxe cultural de Lopé-Okanda200px|Provincia de Ogooué-Ivindo e Provincia de Ogooué-Lolo 2007 1147rev; III, IV, IX, X (mixto)02Parque Nacional de Ivindo200px|Provincia de Ogooué-Ivindo e Provincia de Ogooué-Lolo 2021 1653; IX, X (natural)

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. Gabón mantén seis propiedades na súa lista provisional.

+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (provincia) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Parque Nacional de Moukalaba-DoudouProvincia de Ogooué-Marítima2022VII, IX (natural)Covas de LastoursvilleProvincia de Ogooué-Lolo2022III, VI, VII, VIII (mixto)Xacemento fósil de Moulendé e a pila nuclear de BangombéProvincia de Haut Ogooue2022Natural (VII)Parque Nacional das Montañas BirougouProvincia de Ngounié, Provincia de Ogooué-Lolo2022 IX, X (natural)Parque Nacional da Meseta de BatékéProvincia de Haut-Ogooué2022V, VII, VIII (mixto)Parque Nacional de Loango150px|alt=Dous elefantes pastando no Parque Nacional de Loango.Provincia de Ogooué-Maritime2022VII, X (natural)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país