miniatura|Titan Krios da Universidade de Leeds

A microscopia electrónica crioxénica (cryo-EM) é unha técnica de criomicroscopia aplicada a mostras arrefriadas a temperaturas crioxénicas, na que se utiliza o microscopio electrónico de transmisión e ás veces o de varrido, segundo o método. Presérvase a estrutura dos espécimes biolóxicos incrustándoos nun ambiente de xeo vítreo. Aplícase unha mostra de solución acuosa a unha grella-rede e mergúllase ata a conxelación en etano líquido ou nunha mestura de etano e propano líquidos. Aínda que o desenvolvemento da técnica empezou na década de 1970, os avances recentes na tecnoloxía detectora e en algoritmos de software permitiron a determinación de estruturas biomoleculares a resolución case atómica. Este método suscitou moita atención como alternativa á cristalografía de raios X ou á espectroscopia RMN para a determinación de estruturas macromoleculares sen a necesidade de cristalización.

En 2017 concedeuse o premio Nobel de Química a Jacques Dubochet, Joachim Frank e Richard Henderson "polo desenvolvemento da microscopia crioelectrónica para a determinación de estruturas a alta resolución de biomoléculas en solución." Ademais, Nature Methods nomeou a cryo-EM como "método do ano" en 2015.

O Instituto Federal de Tecnoloxía da Universidade de Lausana e a Universidade de Xenebra abriron o Centro Dubochet para Imaxes (DCI, Dubochet Center for Imaging) en novembro de 2021, co propósito de aplicar e desenvolver máis a cryo-EM. Menos dun mes despois da primeira identificación da variante Omicron do virus SARS-CoV-2, os investigadores do DCI conseguiron definir a súa estrutura, identificar as mutacións cruciais que conseguían escapar das vacinas e proporcionaron datos para novos enfoques terapéuticos. miniatura|400px|Proceso de traballo na microscopia electrónica crioxénica.

Aplicacións e variedades Algunhas aplicacións son: A criomicroscopia electrónica de transmisión (cryo-TEM) é unha técnica de microscopia electrónica de transmisión que se usa na bioloxía estrutural e ciencia dos materiais. A criomicroscopia electrónica de varrido (cryo-SEM) é unha técnica de microscopia electrónica de varrido na que se usa o estado frío do microscoio electrónico de varrido nunha cámara crioxénica. A tomografía electrónica crioxénica (cryo-ET), unha aplicación especializada na que se toman imaxes das mostras a medida que son inclinadas. A cristalografía electrónica, método para determinar a disposición de átomos en sólidos usando un microscopio electrónico de transmisión. A MicroED, método para determinar a estrutura de proteínas, péptidos, moléculas orgánicas e compostos inorgánicos usando difracción de electróns en cristais tridimensionais. A cryo-EM de análise de partícula única, un método de media para determinar a estrutura de proteínas a partir de mostras monodispersas. Cryo-ET e cryo-TEM de luz correlativa. En 2019 utilizáronse conxuntamente a cryo-ET e a cryo-TEM de luz correlativa para observar nanotubos de membrana en células neuronais.

Galería

Notas

Véxase tamén Outros artigos Criofixación Tomografía electrónica Criomicroscopia

Categoría:Técnicas de microscopia electrónica Categoría:Bioloxía celular Categoría:Estrutura das proteínas