Repetición armadillo é o nome dunha secuencia de aminoácidos repetitiva característica, que consta duns 42 residuos de lonxitude e que se encontra en moitas proteínas. As proteínas que conteñen repeticions armadillo presentan normalmente varias copias repetidas en tándem. Cada repetición armadillo está composta por un par de hélices alfa que forman unha estrutura en forquita. Múltiples copias desta repetición forman o que se chama unha estrutura de alfa solenoide.
Exemplos de proteínas que conteñen repeticións armadillo son a β-catenina, Sarm1 (SARM1), α-importina, placoglobina, proteína da polipose adenomatosa do colon (APC ou adenomatous polyposis coli), e moitas outras.
O termo armadillo deriva do nome histórico que recibía o xene da β-catenina na mosca do vinagre Drosophila, onde se descubriron as repeticións armadillo. Aínda que se cría previamente que a β-catenina era unha proteína implicada na unión das proteínas de adhesión celular cadherinas ao citoesqueleto, traballos recentes indican que a β-catenina regula a homodimerización da alfa-catenina, a cal á súa vez controla a ramificación e formación de feixes da actina.Nusse, Roel, and Hans Clevers. “Wnt/β-Catenin Signaling, Disease, and Emerging Therapeutic Modalities.” Cell, vol. 169, no. 6, 1 de xuño de 2017, pp. 985–999., doi:10.1016/j.cell.2017.05.016. Pero, a repetición armadillo encóntrase nun amplo rango de proteínas con outras funcións. Este tipo de dominio proteico é importante na transdución de sinais WNT durante o desenvolvemento embrionario.
Estrutura
O pregamento tridimensionaol dunha repetición armadillo observouse por primeira vez na estrutura cristalina da beta-catenina, na cal as súas 12 repeticións en tándem forman unha superhélice de hélices alfa con tres hélices por unidade. A estrutura cilíndrica presenta unha rañura cargada positivamente, que presumiblemente interacciona con superficies ácidas de moléculas descoñecidas coas cales interacciona a beta-catenina.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Armadillo/plakoglobin ARM repeat en PROSITE
Categoría:Dominios proteicos