O levantamento labrego de 1932 no Salvador, tamén coñecido popularmente como La Matanza, foi unha revolución comunista-indíxena que se produciu no Salvador entre o 22 e o 25 de xaneiro de 1932. A resposta do goberno a esta rebelión foron asasinatos a grande escala no oeste do Salvador, que provocaron a morte de entre 10.000 e 40.000 persoas. A represión ao levantamento, que é considerada un etnocidio,Payés, Txanba El Salvador. La insurrección de un pueblo oprimido y el etnocidio encubierto consultado o 4 de maio de 2007. provocou o exterminio directo de case a totalidade das comunidades nahuas do país.
Antecedentes Trala chegada dos españois ao territorio do que hoxe é O Salvador, a situación económica e social dos nativos caracterizouse pola constante decadencia das condicións de vida, a cal se incrementou nos anos próximos á independencia.Embajada de El Salvador en Washington Historia de El Salvador consultado o 4 de maio de 2007.Grégori, Ruth Opinión de «Betti Pérez» para el artículo Las huellas de la muerte en el presente de los indígenas. Consultado o 5 de maio de 2007. Logo da independencia do Salvador, os gobernos foron propiciando a creación dun sistema desigual, o cal deixaba afastadas do progreso as poboacións nativas dos territorios do Señorío de Cuzcatlán. O Salvador, sumido nunha profunda crise económica pola caída dos prezos do café e a crise de 1929, enfrontouse a unha vaga de protestas e rebelións contra o sistema desigual de propiedade de terras, que se agudizaron coas reformas presidenciais que desposuían aos campesiños das súas terras para darllas aos grandes terratenentes. Os labregos e indíxenas levantáronse contra o goberno e atacaron instalacións militares no occidente do país, coincidindo cunha rebelión organizada polo Partido Comunista Salvadoreño (PCS) tras perder as eleccións que posteriormente acusaron de fraudulentas.
O resultado foi unha resposta militar do goberno de Maximiliano Hernández Martínez, quen ordenou a execución de todo aquel que se alzase contra o réxime. Algúns autores estiman unha cifra próxima aos 25 000 falecidos.CISPES La sangre de 1932 consultado o 4 de maio de 2007.ORANGE Oligarquía Cafetalera en Santa Tecla y Santa Ana consultado o 4 de maio de 2007.Selser, Gregorio Cronología Imperial consultado o 4 de maio de 2007.Ministerio de Educación (1994), Historia de El Salvador, Tomo II. Até a data, séguese conmemorando os feitos como un dos episodios máis determinantes na historia do Salvador, polas súas secuelas políticas, económicas e ante todo, culturais.
O malestar social no Salvador crecera durante toda a década de 1920 por mor dos abusos por parte da clase política e a ampla desigualdade entre os terratenentes e os labregos,Navas, Mario El Salvador en los años 1920–1932 consultado o 22 de abril de 2007.Fuerza Armada de El Salvador Revolución 1932 consultado o 28 de maio de 2007. produto das políticas aplicadas sobre latifundios. Devandito malestar viuse agudizado pola baixada dos prezos do café e o crecente desemprego; cómpre terse en conta que durante as dúas últimas décadas do século XIX e as primeiras tres décadas do século XX, a economía salvadoreña sostívose grazas ao cultivo do café, de tal forma que dita época coñécese como a «república cafeteira». En tal sentido, a caída dos prezos do café significou o despedimento masivo de labregos e o peche de varias facendas, o cal levaría a unha crise económica moi profunda.
esquerda|miniatura|300x300px|Froito do café, principal produto agrícola do Salvador entre 1880 e 1920. O sector cafeteiro nacional xurdira pola acumulación de riquezas por parte dun pequeno grupo de facendados e comerciantes,Fuerza Armada de El Salvador Revolución 1932 consultado o 5 de maio de 2007.Moreno, Ismael Un paisito en peligro de extinción consultado o 6 de maio de 2007. os cales, aproveitando o negocio cafeteiro, acapararan unha gran cantidade de terreos, dando emprego a campesiños, boa parte deles indíxenas.de la Rosa, Juan El Salvador: Memoria histórica y organización indígena consultado o 5 de maio de 2007. Porén, debe terse en conta que o emprego brindado polos facendados foi deformándose até converterse en explotación, xa que a paga era moi pouca e o trato cara aos campesiños era despótico.Preselección Empresarial Historia de El Salvador consultado o 4 de maio de 2007.Periódico Nuevo Enfoque La insurrección indígena de 1932 consultado o 4 de maio de 2007.Gutiérrez, Raúl El Salvador: Sinsabores de una ex guerrilla en tiempos de paz consultado o 4 de maio de 2007. A finais de 1930, a paga nas facendas consistía en dúas tortillas e dúas culleradas de feixóns salcochados ao comezo e ao final da xornada. Martínez, Néstor Las venas abiertas de los indígenas en El Salvador consultado o 22 de abril de 2007. Como agravante, as fichas (moedas locais) con que se pagaba nas facendas, só podían ser cambiadas por produtos na tenda que pertencía ao mesmo dono que o cafeal, polo cal existían monopolios locais que encarecían o alimento. Calcúlase que a alimentación na época para un xornaleiro non excedía o custo de $0,01 ao día,Universidad de El Salvador (1995), Causas y Efectos de la insurrección campesina de enero de 1932 polo cal os beneficios dos facendados eran bastante considerables. De feito, para 1924, a produción total de café variaba entre 32 e 53 millóns de quilogramos. O prezo por cada quintal (46 quilogramos), oscilaba entre 42,55 colóns; o cálculo de custos de produción para un quintal era de 13 colóns, dos cales dous ían ás mans do traballador, un ás arcas do estado, un aos vendedores de insumos e nove aos grandes facendados.Universidad de El Salvdor (1995), Causas y efectos de la insurrección campesina de enero de 1932
miniatura|Labregos salvadoreños traballando no cultivo do café. O valor que o facendado daba ao traballador era baixísimo, segundo o declarado o 5 de febreiro de 1932 polo encargado da delegación estadounidense en San Salvador, W. J. McCafferty, nunha carta dirixida cara ao seu goberno explicando a situación salvadoreña, onde expresaba que un animal de labranza tiña máis valor ca un traballador xa que a demanda era alta e o seu valor comercial deixaba mellores dividendos. McCafferty informou, dende o seu punto de vista, todo o ocorrido ao goberno estadounidense.Diario Co Latino [Salarrué(1898-1975) y Agustín Farabundo Martí (1893-1932)] consultado o 23 de abril de 2007.
Doutra banda, a situación económica mundial causada pola crise de 1929 fomentaba a falta de oportunidades en países como O Salvador, até o punto de marcar os anos de menor progreso no país na primeira metade do século XX.de la Rosa Municio, Juan El Salvador: Memoria histórica y organización indígena consultado o 22 de abril de 2007. Malia que a crise afectaba á poboación enteira do país (e de case toda Latinoamérica),Acosta Iturra, Mónica Gabriela Efectos de la Crisis en América Latina consultado o 22 de abril de 2007. no occidente do Salvador a crise era máis aguda posto que as políticas dos presidentes Pío Romero Bosque e Arturo Araujo levaran á expropiación case total das terras aos campesiños locais,Preselección Empresarial Historia de El Salvador consultado o 22 de abril de 2007. xerando gran malestar, o cal se unía ás accións militares que de maneira tácita amedrentaban aos campesiños para que se abstivesen de protestar. Dita zona estaba altamente poboada por indíxenas de orixe pipil.Oficina Municipal de Turismo de Suchitoto Historia de Suchitoto consultado o 22 de abril de 2007. Os indíxenas, sistematicamente separados do escaso progreso económico, tentaron obter axuda das autoridades recoñecidas pola súa centenaria tradición xerárquica. Malia que as leis non concedían ningunha prebenda ou recoñecemento oficial aos caciques, os indíxenas respectaban e obedecían á súa autoridade.Diario Co Latino Imagino a aquellos hombres fuertes consultado o 23 de abril de 2007. Doutra banda, a clase política buscara o achegamento aos caciques para obter o apoio dos seus gobernados en eleccións e consultas populares, polo que tiñan algunha posibilidade de ser escoitados polas autoridades gobernamentais.
Para paliar a crise económica, os indíxenas organizáronse en asociacións de cooperación, mediante as cales se brindaba emprego aos indíxenas que non o posuían, en troques de que estes colaborasen coas festividades católicas. Os encargados de dirixir ditas asociacións eran os caciques, quen representaban aos desempregados ante as autoridades e supervisaban o traballo realizado. Feliciano Ama, por exemplo, era un dos caciques máis activos e estimados pola poboación indíxena;Martínez Peñate, Oscar José Feliciano Ama es un mártir popular consultado o 23 de abril de 2007. fixera xestións de axuda económica co presidente Romero en troques da colaboración na súa candidatura. Doutra banda, a crise agudizábase polo conflito permanente entre as poboacións indíxenas e os habitantes da zona que non pertencían á súa etnia.Periódico Nuevo Enfoque La insurrección indígena de 1932 consultado o 23 de abril de 2007. As poboacións de «non indíxenas» estaban mellor relacionadas coas urbes gobernamentais, polo cal, cando ocorrían revoltas ou combates, o exército arrestaba os líderes indíxenas e condenábaos a morte.
O levantamento labrego esquerda|miniatura|300x300px|Machetes, armas utilizadas polos labregos en 1932. miniatura|Os alzados lograron apoderarse das cidades de Juayúa, Nahuizalco, Izalco, Sonzacate, Tacuba e Salcoatitán. Nas zonas controladas polos rebeldes, a maioría dos establecementos comerciais foron saqueados. Nas últimas horas do 22 de xaneiro de 1932, milleiros de labregos na zona occidental do país alzáronse en rebelión contra o réxime. Armados principalmente de machetes,Payés, Txanba El Salvador. La insurrección de un pueblo oprimido y el etnocidio encubierto consultado o 22 de abril de 2007. atacaron as facendas dos grandes terratenentes e varios cuarteis, obtendo o control dalgunhas poboacións como Juayúa, Nahuizalco, Izalco e Tacuba. Doutra banda, cuarteis como os de Ahuachapán, Santa Tecla e Sonsonate resistiron o ataque e mantivéronse ao servizo do goberno nacional. Os asasinatos realizados polos rebeldes labregos foron vinte civís e trinta militares.Museo de la palabra y la imagen 1932, Cicatriz de la Memoria Stoll, David La Biblia como arma consultado o 22 de abril de 2007.Ching, Erik Los archivos de Moscú consultado o 6 de maio de 2007.
Segundo a testemuña Alberto Shul, habitante de Nahuizalco, «saquearan toda a vila». O líder sublevado Francisco "Chico" Sánchez ordenou que lle entregasen todos os títulos de propiedade da cidade.
A primeira cidade en ser tomada foi Juayúa, onde foi asasinado o terratenente Emilio Radaelli; ademais, a súa esposa foi violada e posteriormente asasinada, razón pola cal despois foron metrallados estes indíxenas como vinganza dos militares e tamén por alterar a orde pública e por folgazanería. Tamén foi executado o coronel Mateo Vaquero, comandante local.Fuerza Armada de El Salvador Revolución 1932 consultado o 5 de maio de 2007
En Izalco, o saldo do levantamento incluíu a execución do alcalde, Miguel Call, e do alcalde electo, Rafael Castro. Na poboación de Colón, foron executados Efraín Alvarenga, secretario municipal, Damasio Cruz, axente da policía e o comandante local, coronel Domingo Carlos Campos.