Nora Volkow, nada o 27 de marzo de 1956, é unha psiquiatra e investigadora norteamericana de orixe mexicana cuxo traballo se centrou no estudo do cerebro das persoas adictas ás drogas.

Traxectoria Os seus descubrimentos axudaron a aclarar como se producen as adiccións e xogaron un papel importante no cambio da percepción pública da adicción desde unha debilidade do carácter ata unha enfermidade cerebral que é tratable. É a directora do National Institute on Drug Abuse (NIDA), que forma parte do National Institutes of Health (NIH).

Foi a primeira representante dos NIH en visitar o Dalai Lama na súa residencia en Dharamsala, na India; durante esta visita en 2013, participou nun diálogo sobre a ciencia da adicción, como parte dunha conferencia de cinco días patrocinada polo Mind & Life Institute (Instituto Mente e Vida).

En 2014, foi conferenciante destacada en TEDMED, a reunión multidisciplinar anual onde líderes de todos os sectores da sociedade se reúnen para explorar a promesa da tecnoloxía e o potencial para o logro humano en saúde e medicina. A súa conferencia centrouse nos paralelismos entre a alimentación compulsiva e a adicción ás drogas.

Nora Volkow é de ascendencia rusa e ucraína e é a bisneta do líder revolucionario ruso Lev Trotski. É filla de Esteban Volkow e neta de Zinaida Volkova, filla de Trosky.

Notas

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York Categoría:Psiquiatras dos Estados Unidos de América Categoría:Médicos de México Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América